facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

20 Aniversario da Federación Alzhéimer Galicia



A Federación Alzhéimer Galicia cumpre este ano os seus 20 anos de historia. Constituíuse en maio do ano 1998, formada polas catro asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer existentes no momento: AGADEA, AFAGA, AFACO e AFAOR. Durante os primeiros anos de vida da federación, foron uníndose asociacións doutros puntos de Galicia, chegando ó seu décimo aniversario cun total de 10 asociacións, tralas incorporacións de AFAMO, AFAL Ferrolterra, AFAMON, AFALU, AFABER, AFAPO e AFACHANTADA.

Actualmente, está composta por 13 asociacións (AFA Viveiro e AFASAL), que suman máis de 5.000 familias, e prestan servizos a través de máis de 300 profesionais do sector socio-sanitario a preto do 80% da poboación galega, e é a entidade de referencia en Galicia en materia de alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

Durante estes 20 anos de historia, o sector asociativo do alzhéimer en Galicia conseguiu grandes logros, que se traduciron nunha mellor atención ás persoas con alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa, e unha mellor formación tanto para profesionais sociosanitarios como para as persoas coidadoras. Son 20 anos de traballo para defender, xunto coas nosas asociacións, os dereitos das persoas con alzhéimer e as súas familias.

Así podemos destacar unha serie de proxectos que se puxeron en marcha nestes vinte anos grazas as entidades do alzhéimer de Galicia e o apoio de organismos públicos e privados:

LIÑA DO TEMPO

A través da seguinte liña do tempo, pódese realizar un percorrido polos eventos máis destacados deste vinte anos da Federación Alzhéimer Galicia.



20 ANOS: Facendo Camiños, Facendo Memoria

Co obxectivo de poñer en valor o traballo realizado nestes vinte anos, FAGAL quere conmemorar esta data baixo o lema “20 Anos: Facendo camiños, facendo memoria”. Esta lema nace en clara referencia aos diferentes proxectos postos en marcha nos vinte anos de vida da entidade, co único propósito de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas e das súas familias e coidadores.

Durante o ano 2018 desde a Federación Alzhéimer Galicia quere facer un percorrido polos vinte anos da entidade a través dos seus protagonistas, aquelas persoas que forman ou formaron parte de FAGAL nestes anos: directivos, traballadores, voluntarios e beneficiarios dos programas.

Así mesmo, como acto central deste 20 Aniversario de FAGAL, o vindeiro 22 de setembro celebrarase unha Gala Solidaria que reunirá en Santiago de Compostela a todas aquelas persoas imprescindibles para o desenvolvemento da federación durante todo este tempo: representantes e traballadores das asociacións; familiares de persoas con alzhéimer; Administracións Públicas; Entidades do Terceiro Sector; e representantes de entidades privadas que apoian e colaboran con FAGAL.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar