facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

"Nestes 20 anos conseguíronse moitos avances e recoñecementos do traballo diario con persoas con alzhéimer"





Desde que FAGAL empezou a funcionar puxéronse en marcha múltiples proxectos. Estar federados é a mellor forma de traballar en conxunto todas as asociacións e manter a ilusión para seguir loitando día a día, grazas a FAGAL visualízanse os traballos de todas as asociacións e por iso melloramos constantemente o noso labor tanto para o enfermo como para os familiares.

Nestes 20 anos conseguíronse moitos avances e recoñecementos do traballo diario con persoas con alzhéimer, esperamos continuar polo menos outros 20 anos máis. A unión fai a forza.

Carmen Pena Ledo
Presidenta de AFALU


Dende o meu cargo de presidenta de AFAMON iniciado no ano 2006 ata a actualidade tiven a oportunidade de participar en encontros, xornadas formativas, e xuntanzas de FAGAL que me aportaron coñecementos sobre as demencias, que xunto co intercambio de experiencias con outras asociacións de Galicia, axudáronme a entender mellor estas enfermidades e a desenvolver mellor o meu labor como directiva de AFAMON.

Estrella Rodríguez López
Presidenta de AFAMON
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar