facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

"A atención ás persoas con alzhéimer require dunha actuación coordinada nos eidos social e sanitario"





O alzhéimer é unha burbulla de esquecemento que mergulla a existencia no silencio e deixa ás súas vítimas sen presente, sen futuro e, sobre todo, sen pasado. Esta frase atopeina botando un ollo a un exemplar de “Regalo da Memoria” que chegou ás miñas mans por cortesía da Fundación Araguaney-Puente de Culturas e no que se relata as vivencias máis persoais do presidente desta entidade, Ghaleb Jaber Ibrahim, marcadas en grande medida por esta traizoeira enfermidade que padeceu a súa irmá.

Penso que esta definición é ben certeira, xa que pon de manifesto que ninguén está libre de sufrir esta doenza e, tamén, que golpea o cerebro do enfermo e o corazón dos seus familiares. De aí que sexa tan importante a tarefa que nestes 20 primeiros anos de traxectoria levan desenvolvendo as asociacións que integran FAGAL. Un traballo a pé de campo, ao carón dos afectados e das súas familias, sempre coas portas abertas e a man tendida para combater esta patoloxía.

Neste aniversario cómpre recoñecer, unha vez máis, o compromiso de todos os que ao longo destes anos sumaron os seus esforzos na procura de mellorar a calidade de vida das persoas enfermas de alzhéimer e os seus achegados. Eles son auténticos loitadores contra a desmemoria, e nesta tarefa sempre contarán co apoio da Xunta de Galicia. Seguiremos traballando xuntos na consolidación e extensión dos recursos encamiñados a prestar un servizo integral, porque a atención ás persoas con alzhéimer require dunha actuación coordinada nos eidos social e sanitario. Canto maior sexa o coñecemento da enfermidade e máis se investigue sobre a mesma, antes teremos unha diagnose certeira e poderemos avanzar máis en facer fronte ao alzhéimer. Nesta batalla iremos en alianza coas entidades sociais e con esta federación, que leva 20 anos coidando do tesouro máis prezado que temos: a memoria.


José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar