facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Xornada sobre envellecemento e demencias en Galicia

Xornada sobre envellecemento e demencias en Galicia
24/9/2018
Co obxectivo de ofrecer unha visión completa do impactos das demencias en Galicia, a Federación Alzhéimer Galicia e o Consello Económico e Social de Galicia organizan o vindeiro 24 de setembro na sede do CES unha xornada sobre o Envellecemento e as Demencias no noso territorio.

Con inicio ás 9:30h, diversos axentes sociais exporán durante esta xornada de 5h de duración unha visión global desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas, desde a súa abordaxe sociosanitaria ata aspectos demográficos, económicos e laborais.

Gala 20 Aniversario da Federación Alzhéimer Galicia

Gala 20 Aniversario da Federación Alzhéimer Galicia
22/9/2018
Con motivo do 20 Aniversario da Federación Alzhéimer Galicia, terá lugar unha gala solidaria que reunirá en Santiago de Compostela a todas aquelas persoas imprescindibles para o desenvolvemento da federación durante todo este tempo: responsables políticos; representantes e traballadores das asociacións; familiares de persoas con alzhéimer; representantes das entidades do Terceiro Sector; e representantes de entidades privadas que apoian e colaboran con FAGAL.

A data elixida para esta Gala será o día seguinte da conmemoración do Dia Mundial do Alzheimer, sábado 22 de setembro ás 20h. O lugar elixido para a celebración deste evento é a Sala Mozart, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

A actriz Lucía Regueiro será a encargada de presentar o evento. Durante a gala os asistentes poderán ver o traballo de FAGAL a través de diferentes videos, nos que se mostrará tanto a evolución da federación en formato entrevista así como o proxecto “Historias de vida”, no que se achegará a visión dos coidadores respecto as súas vivencias no coidado das persoas con alzhéimer. Ademais, o evento contará con discursos de personalidades políticas e representantes de FAGAL, unido á entrega do Premio FAGAL 2018. Para completar esta gala, contarase coas actuacións musicais de Tania Fuegho, Silvia Penide e Fran Allo.

Ruta Solidaria "Recetas para el Recuerdo"

Ruta Solidaria "Recetas para el Recuerdo"
21/9/2018

O pasado mes de abril, a empresa de azafrán POTE presentou o libro ‘Recetas para el recuerdo’, unha bonita iniciativa editorial que recupera doce pratos tradicionais seleccionados a partir dos testemuños achegados por doce mulleres con alzhéimer. O obxectivo, achegar visibilidade a esta dura enfermidade dexenerativa, apoiar aos pacientes e aos seus familiares e devolver o agarimo depositado na marca ao longo de tantos anos. Os beneficios obtidos da venda do libro (15 €), no que tamén colaborou o cociñeiro galego Yayo Daporta interpretando as receitas, destinaranse integramente a FAGAL (Federación Alzhéimer Galicia) e as súas asociacións.

Agora, nove restaurantes madrileños únense á causa e, para poñer o foco sobre o Día Mundial do Alzheimer, organizaron unha ruta benéfica: cada local participante elixiu unha receita do libro, que se poderá probar durante o fin de semana do 21 ao 23 de setembro. O importe recadado por estes pratos será doado a FAGAL e as súas asociacións.

RESTAURANTES PARTICIPANTES

Unha das receitas máis saborosas contida no libro son os fideos con ameixas, achegada pola pontevedresa Josefa Iglesias. Poderá degustarse en la Bien Aparecida, un dos restaurantes de Paco Quirós (Jorge Juan, ); tamén na Vaquería Montañesa (Blanca de Navarra, 8.), dirixido por Carlos Zamora; na asador-arrozaría do Grupo Oter Novo Gerardo ( avda. de Alberto de Alcocer, 46) e en Ramsés (praza da Independencia, 4.), fronte á Porta de Alcalá.

En Xanverí (Zurbarán, 18) o chef César Anca fará gala da súa especialidade, o arroz, neste caso con polo de curral e verduritas, receita de Dores Bermúdez, de 90 anos; e en TATEL Madrid (paseo da Castellana, 36) presentarán as ameixas á mariñeira da señora Trindade Iglesias. Dúas receitas máis informais forman a proposta de Tripea (Vallehermoso, 36. Mercado de Vallehermoso), cunha empanada de millo de bacallau, e da taberna Skull St. (Barquillo, 8), que ofrecerá unhas choupas recheas.


I Simposio nacional "La investigación sociosanitaria en la enfermedad de Alzheimer y otras demencias"

I Simposio nacional "La investigación sociosanitaria en la enfermedad de Alzheimer y otras demencias"
18/9/2018
Durante este mes de setembro, desenvolverase en Santiago de Compostela o VI Congreso Internacional de Investigación e Innovación en Enfermedades Neurodegenerativas (CiiiEN), organizado pola Fundación CIEN, CIBERNED e a Fundación Reina Sofia. Este congreso celebrarase os días 19, 20 e 21 na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

Unido a isto, a Federación Alzhéimer Galicia será protagonista do I Simposio nacional "La investigación sociosanitaria en la enfermedad de Alzheimer y otras demencias" que vai realizarse no mesmo emprazamento o día 18 de setembro organizado por CEAFA e o CRE Alzhéimer.

Así, nunha mesa moderada pola Traballadora Social Isabel Redondo Zambrano, baixo o título “Aplicación práctica de iniciativas innovadoras. A Federación Alzhéimer Galicia como actor privilexiado”, o Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez; o Coordinador da Oficina Técnica da federación, Javier Hermida; e a Terapeuta Ocupacional de AFAL Ferrolterra e Coordinadora do Manual de Terapia Ocupacional de FAGAL, Noelia Ríos, serán os encargados de amosar proxectos innovadores postos en marcha pola federación nos últimos anos.

Podes inscribirte na seguinte ligazón

Rolda de Prensa "Día Mundial do Alzheimer 2018"

Rolda de Prensa "Día Mundial do Alzheimer 2018"
11/9/2018
A Federación Alzheimer Galicia organiza unha rolda de prensa para presentar a campaña para o Día Mundial do Alzheimer 2018, coa idea de difundir días antes do 21 de setembro todas as actividades previstas tanto por parte de FAGAL como das 13 asociacións galegas, especialmente as relacionadas co 20 Aniversario da federación. Durante o acto, farase un percorrido polas reclamacións que, desde as entidades galegas que traballan en prol das persoas con alzhéimer, que queremos facer visibles á sociedade e, máis concretamente, ás administración.

Para complementar esta rolda de prensa, convidarase a membros da Rede Galega de Investigación en Demencias (REGIDEM), iniciativa que están a poñer en marcha diversos Grupos de Investigación en demencias de Galicia, e que comentarán os avances xerados neste último ano.

A rolda de prensa será o martes 11 de setembro ás 12:30h no salón de actos da sede de Afundación, na rúa do Vilar de Santiago de Compostela.

Exposición "CapacitARTE: Así somos, así o facemos"

Exposición "CapacitARTE: Así somos, así o facemos"
1/9/2018
O pasado ano, o CERMI Galicia, entidade da que forma parte a Federación Alzhéimer Galicia, puxo en marcha en colaboración coa Consellería de Política Social e a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade o proxecto “CapacitARTE: Así somos, así o facemos”. Este proxecto consiste na realización de exposicións monográficas sobre os servizos e proxectos que levan a cabo cada unha das entidades que forman parte do CERMI Galicia, e ten como obxectivo dar visibilidade ás persoas con distintas capacidades, ó mismo tempo que o movemento asociativo pode contar dunha maneira máis exhaustiva o labor que realizamos.

Así, do 1 ao 23 de setembro, poderás visitar a exposición da Federación Alzhéimer Galicia e das súas trece asociacións, que contará con 19 fotografías dos proxectos máis destacados postos en marcha polo sector asociativo do alzhéimer nestes últimos anos. Esta exposición situarase no espazo da pirámide do edificio da Xunta de Galicia de San Caetano.

XVI Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL

XVI Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL
9/6/2018
Este ano a Federación Alzhéimer Galicia celebra as XVI Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL, xornadas formativas en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas que reúne a persoal das AFAs galegas e a profesionais do sector sociosanitario e da investigación en demencias.

Esta actividade formativa terá lugar o 9 de xuño, de 9 a 15h, na Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela. Máis información en:http://fagal.org/xvi-xornadas-interdisciplinarias-de-fagal

Presentación do Manual "Traballo Social en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas"

Presentación do Manual "Traballo Social en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas"
20/9/2017

Aproveitando que este é o mes do alzhéimer e ó igual que se fixo o pasado ano, desde a Federación Alzhéimer Galicia organízase a presentación do Manual Traballo Social en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Este manual foi elaborado polo Grupo de Traballo de Traballadoras Sociais de FAGAL, creado no ano 2016 e formado por profesionais das AFAs galegas.

O obxectivo deste manual é que sexa referencia para os/as Traballadores/as Sociais da área sociosanitaria especializados/as en demencias, e unificar criterios na atención e intervención de persoas con alzhéimer e outras de¬mencias neurodexenerativas así como cos seus familiares.

Esta presentación realizarase na propia semana do Día Mundial do Alzheimer, o mércores 20 de setembro ás 17h no Centro Sociocultural do Ensanche, en Santiago de Compostela. Á mesma asistirán as autoras do manual e o presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.


II Andaina Solidaria de FAGAL

II Andaina Solidaria de FAGAL
16/9/2017
Esta II Andaina Solidaria terá lugar o sábado 16 de setembro. Ó igual que o ano pasado, realizaremos o último tramo do camiño ata chegar ao Espazo da Memoria, no Parque de Bonaval. Esta andaina, aínda que o público principal son as familias coidadoras e os membros das nosas asociacións, estará a aberta á poboación en xeral, que poderá unirse a esta actividade e completar con nós os aproximadamente 4 km que separan o punto de inicio da ruta do Espazo da Memoria.

A actividade comezará ás 11h no Monumento a Juan Pablo II, situado na rúa do Gozo. Solicitarase ós asistentes que estean presentes nesta zona ás 10:30h para explicarlles o percorrido que se vai a realizar e os horarios previstos para o acto no Parque de Bonaval.

PERCORRIDO

A andaina terá unha duración de 5,5km e que se estima que levará arredor de 1 hora e 40 minutos e que percorrerá as seguintes rúas da cidade: Rúa das Estrelas, Camiño San Martiño de Aríns, Avda Fernando Casas Novoa, Rúa Miguel Ferro Caaveiro, Rúa San Lázaro, Rúa Valiño, Rúa das Fontiñas, Rúa Fonte dos Concheiros, Cruce Avenida de Lugo, Rúa dos Concheiros, Rúa de San Pedro, Travesa de San Pedro, Rúa do Medio e Rúa de Bonaval. A entrada ó Parque realizarase pola entrada lateral situada nesa rúa.

Este ano modifícase o primeiro tramo da Andaina debido ás obras que se están a realizar na Rúa Ponte de San Lázaro, o que impide o paso de vehículos e peatóns, polo que a duración da Andaina será maior.



ACTO NO PARQUE DE BONAVAL

Trala Andaina, realizarase no Espazo da Memoria, situado na parte norte do Parque de Bonaval, un acto que contará coa presenza de personalidades políticas e membros da Xunta Directiva da Federación Alzhéimer Galicia. O acto está fixado para as 13h.

INSCRICIÓN

A inscrición pode realizarse de maneira gratuita chamando ó 981595121, no correo electrónico administracion@fagal.org ou no seguinte formulario

COLABORADORES


Rolda de Prensa polo Día Mundial do Alzheimer 2017

Rolda de Prensa polo Día Mundial do Alzheimer 2017
12/9/2017
Rolda de prensa de presentación da campaña polo Día Mundial do Alzheimer 2017, que terá lugar no Auditorio da sede de Afundación en Santiago de Compostela, ás 12h. Durante o acto presentarase a campaña elaborada pola Federación Alzhéimer Galicia para conmemorar esta data, que este ano ten o lema Recorda quen son. Así mesmo, daranse a coñecer as actividades organizadas tanto pola federación como polas asociacións que a compoñen durante este mes de setembro. Como todos os anos, os representantes da federación explicará as reivindicacións que se están a realizar a nivel galego, que este ano quere facer fincapé na defensa dos dereitos das persoas con alzhéimer. Por último, terá lugar a presentación da Rede de Investigación en Demencias de Galicia (REGIDEM), un proxecto posto en marcha por diversos grupos investigadores que están a traballar neste ámbito en Galicia. No acto intervirán o presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, e membros de REGIDEM.

COLABORA


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar