facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Galisenior

Galisenior
25/5/2016

A prevención de situación de fraxilidade será o eixo sobre o que xire a 10ª edición de Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maiores, que se celebrará en Expourense os días 25 e 26 de maio.

De carácter bienal, Galisenior é a única feira destas características que se celebra no noroeste peninsular e que está especialmente dirixida a un núcleo de poboación que representa o 24% da demografía galega e o 31% no caso da provincia de Ourense. Este salón servirá de plataforma para promover as accións que se están a levar a cabo en Galicia, destinadas a reducir o impacto da dependencia na calidade de vida, tanto de quen a padece como do que exerce de coidador.

A Federación Alzhéimer Galicia estará presente neste evento na xornada do mércores, onde o Coordinador da Oficina Técnica, Javier Hermida, participará na mesa redonda Prevención de Situacións de Fraxilidade en Persoas que Viven Soas., que terá lugar ás 10h. Ademais, acompañados pola nosa asociación AFAOR, FAGAL contará cun stand na zona de expositores para facilitar información sobre o noso traballo ós asistentes a esta feira.


Os dereitos dos pacientes: 25 anos de avances

Os dereitos dos pacientes: 25 anos de avances
23/5/2016

Con motivo do 25 aniversario da transferencia de competencias sanitarias do Instituto Nacional de la Salud (INSALUD) á Xunta de Galicia, a Consellería de Sanidade organiza unha serie de actos, baixo o lema "De onte a hoxe, 25 anos da sanidade de Galicia", para conmemorar este importante acontecemento.

O Presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, acudirá ó acto Os dereitos e deberes dos pacientes: 25 anos de avances, que terá lugar o luns, 23 de maio ás 9:00 horas, no salón de actos da Consellería de Sanidade. Neste evento, participará na mesa "A voz dos pacientes no sistema sanitario".


II Premios á Sanidade de Galicia

II Premios á Sanidade de Galicia
25/2/2016

Sanitaria 2000 celebra a segunda edición dos seus Premios á Sanidade de Galicia. Nun total de 13 categorías se trata de recoñecer as iniciativas de interese, as boas prácticas e as traxectorias destacadas, tanto individuais como colectivas, do sector, incluíndo a profesionais sanitarios das diversas categorías e especialidades, colexios, sociedades científicas, asociacións de pacientes, centros de saúde, hospitais, así como institucións e empresas que desenvolven a súa actividade no ámbito sanitario da rexión.

A Federación Alzhéimer Galicia estará presente no acto como Nominada na categoría de Asociación de Pacientes, xunto coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) e coa Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia (Anedia).

O evento, que contará co patrocinio de Oximesa, Previsión Sanitaria Nacional e Roche, terá lugar no San Francisco Hotel Monumento (Campillo de San Francisco, 3) de Santiago, o día 25 de febreiro a partir das 17 h.


III Xornadas de Xuntas Directivas de FAGAL

III Xornadas de Xuntas Directivas de FAGAL
6/2/2016

O vindeiro sábado 6 de febreiro terán lugar as III Xornadas de Xuntas Directivas de FAGAL. Este evento formativo reunirá na sede de FAGAL a membros das xuntas directivas das asociacións que forman parte da Federación Alzhéimer Galicia para tratar o tema da responsabilidade civil e patrimonial das xuntas directivas. Esta actividade será presentada por Ana Janeiro, especialista neste tipo de responsabilidade e seguros.

As liñas a seguir nestas xornadas son as seguintes

  • Que é a responsabilidade civil e patrimonial das Xuntas directivas
  • Como afectan a este tema os recentes cambios no código penal
  • Tipos de responsabilidade
  • Atención a casos concretos partindo do modelo común de FAGAL

Curso Xuntos nos Coidados Oleiros

Curso Xuntos nos Coidados Oleiros
1/12/2015

Acción formativa organizada pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) e financiada pola Consellería de Traballo e Benestar.

O curso está dirixido a coidadores non profesionais de persoas cunha demencia e ten como obxectivo achegar formación e información básica ás familias coidadoras de enfermos con alzhéimer e outras demencias para afrontar os coidados. O curso será impartido por Juan Bonome, psicólogo de AFACO.

  • Datas: 1, 2, 3 e 4 de Decembro de 2015
  • Horario: 16:30-18:30
  • Lugar: Centro Municipal de Formación "Isaac Díaz Pardo"

Máis información e inscricións: Servizos Sociais de Oleiros - 981 61 00 00


Curso Xuntos nos Coidados Noia

Curso Xuntos nos Coidados Noia
1/12/2015

Acción formativa organizada pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) e financiada pola Consellería de Traballo e Benestar.

O curso está dirixido a coidadores non profesionais de persoas cunha demencia e ten como obxectivo achegar formación e información básica ás familias coidadoras de enfermos con alzhéimer e outras demencias para afrontar os coidados. O curso será impartido por Alba Felpete, psicóloga de AGADEA.

  • Datas: 1, 2, 3 e 4 de Decembro de 2015
  • Horario: 17:00-19:00
  • Lugar: Antigo Matadoiro Municipal

Máis información e inscricións: Servizos Sociais de Noia - 981 82 81 04 ou en FAGAL - 981 59 51 21


Curso Xuntos nos Coidados Culleredo

Curso Xuntos nos Coidados Culleredo
23/11/2015

Acción formativa organizada pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) e financiada pola Consellería de Traballo e Benestar.

O curso está dirixido a coidadores non profesionais de persoas cunha demencia e ten como obxectivo achegar formación e información básica ás familias coidadoras de enfermos con alzhéimer e outras demencias para afrontar os coidados. O curso será impartido por Juan Bonome, psicólogo de AFACO.

  • Datas: 23, 24, 25 e 26 de Novembro de 2015
  • Horario: 17:00-19:00
  • Lugar: Pazo Vila Melania

Máis información e inscricións: Servizos Sociais de Culleredo - 981 65 45 70


Curso Xuntos nos Coidados Burela

Curso Xuntos nos Coidados Burela
23/11/2015

Acción formativa organizada pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) e financiada pola Consellería de Traballo e Benestar.

O curso está dirixido a coidadores non profesionais de persoas cunha demencia e ten como obxectivo achegar formación e información básica ás familias coidadoras de enfermos con alzhéimer e outras demencias para afrontar os coidados. O curso será impartido por Ana Solloso, psicóloga de AFAVI.

  • Datas: 23, 24 e 30 de Novembro e 1 de Decembro de 2015
  • Horario: 18:00-20:00
  • Lugar: Aula de Familia (Casa da Cultura)

Máis información e inscricións: Servizos Sociais de Burela - 982 58 06 16 ou en FAGAL - 981 59 51 21


Curso Xuntos nos Coidados As Pontes

Curso Xuntos nos Coidados As Pontes
23/11/2015

Acción formativa organizada pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) e financiada pola Consellería de Traballo e Benestar.

O curso está dirixido a coidadores non profesionais de persoas cunha demencia e ten como obxectivo achegar formación e información básica ás familias coidadoras de enfermos con alzhéimer e outras demencias para afrontar os coidados. O curso será impartido por Jesús Victoria, pedagogo de AFAL Ferrolterra.

  • Datas: 23, 25 e 30 de Novembro e 2 de Decembro de 2015
  • Horario: 10:00-12:00
  • Lugar: Aula Polivalente. Casa Dopeso

Máis información e inscricións: Servizos Sociais de As Pontes - 981 44 10 08


Curso Xuntos nos Coidados Poio

Curso Xuntos nos Coidados Poio
20/11/2015

Acción formativa organizada pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) e financiada pola Consellería de Traballo e Benestar.

O curso está dirixido a coidadores non profesionais de persoas cunha demencia e ten como obxectivo achegar formación e información básica ás familias coidadoras de enfermos con alzhéimer e outras demencias para afrontar os coidados. O curso será impartido por profesionais de AFAPO.

  • Datas: 20 e 27 de Novembro e 3 e 4 de Decembro de 2015
  • Horario: 17:00-19:00
  • Lugar: Centro Social (Casa Rosada)

Máis información e inscricións: Servizs Sociais de Poio - 986 87 24 01 ou en FAGAL - 981 59 51 21


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar