facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Charla sobre alzhéimer na Fonsagrada

Charla sobre alzhéimer na Fonsagrada
20/4/2015

Actividade organizada pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) e a Fundación Barrié, englobada dentro do Programa Red Paraguas.

A charla será impartida pola educadora social de AFALU, Mª Esther Trashorras, e ten como obxectivo impulsar a relación entre as familias de persoas con alzhéimer e os servizos sociais e a detección de necesidades e familias afectadas para resolver as súas dúbidas na comarca.

  • Data: 20 de Abril de 2015
  • Hora: 17:00
  • Lugar: Salón de Actos Municipal de A Fonsagrada

Presentación da campaña galega do XSolidario

Presentación da campaña galega do XSolidario
14/4/2015

O martes, 14 de abril, ás 12.00 na Casa das Asociacións de Santiago de Compostela (CABES) representantes de ONGs galegas, entre as que se atopa FAGAL, presentan a campaña ”X Solidario”.

Esta campaña, que desenvolve o sector social galego, pretende concienciar ás persoas contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda para poder financiar programas que melloran a calidade de vida das persoas máis
desfavorecidas: maiores, persoas con discapacidade, infancia, mulleres, etc.

Na presentación interveñen:

  • Xosé Cuns, Director EAPN-Galicia (Rede Galega contra a Pobreza).
  • Anxo Queiruga, Presidente do CERMI Galicia (Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade).
  • María Paz, Vicepresidenta da CGONGD (Coordinadora Galega de ONGD).

Presentación do proxecto “CeMIT-Innova: Fomento da innovación social dixital”

Presentación do proxecto “CeMIT-Innova: Fomento da innovación social dixital”
24/3/2015

FAGAL acude á presentación do proxecto “CeMIT-Innova: Fomento da innovación social dixital”, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec, que terá lugar a partir das 9:30 horas da mañá, no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura.

O encontro CeMIT-Innova, está dirixido a explicar en que consiste este marco conceptual da innovación aos formadores e usuarios das aulas da rede CeMIT, voluntarios dixitais, entidades e organizacións locais, de acción social, empresas e persoas ou organizacións interesadas na innovación social dixital.


Presentación do Programa Más Social

Presentación do Programa Más Social
18/3/2015

Presentación da III Convocatoria do Programa Más Social para o fortalecemento do Terceiro Sector, posto en marcha pola Fundación Barrié e a Fundación da PwC.

Trala presentación tanto do programa formativo do que é beneficiario FAGAL, como das entidades seleccionadas este ano, o Dr. Ángel Carracedo imparte unha conferencia que leva por título "Ciencia e Compromiso Social"


Congreso Especializado "Servizos Sociais e de Benestar: Perspectiva Local"

Congreso Especializado "Servizos Sociais e de Benestar: Perspectiva Local"
16/3/2015

Membros da Xunta Directiva de FAGAL acuden ao Congreso Especializado "Servizos Sociais e de Benestar: Perspectiva Local", organizado por OEPSS (Organización de Empresas Prestadoras de Servicios Sociales) e que ten lugar na sede do EGAP, en Santiago de Compostela.

Entre os poñentes atópanse Anxo Queiruga, Presidente do CERMI Galicia; Alfonso Lara, Director de Políticas de ESN; e Carlos Santos, Xefe de Servicio de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios, entre outros.


Rolda de Prensa de presentación da campaña "Concellos ao servizo das persoas" de EAPN

Rolda de Prensa de presentación da campaña "Concellos ao servizo das persoas" de EAPN
10/3/2015

A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia) e as súas entidades membro presentan unha campaña que busca o compromiso dos políticos dos concellos e deputacións coa mellora da calidade de vida dos seus habitantes e o respecto dos seus dereitos sociais.

A través da campaña “Concellos ao servizo das persoas”, as entidades galegas de acción social, ademais de facilitar información e datos dos concellos sobre a súa realidade da pobreza e a exclusión social e o orzamento adicado a combatila, queren comprobar se os candidatos ás eleccións municipais 2015 teñen como prioridade a loita contra a pobreza e a exclusión social nos seus concellos.

O acto terá lugar ás 11h na Casa das Asociacións de Santiago de Compostela.


Encontro de CEAFA con FAGAL

Encontro de CEAFA con FAGAL
7/3/2015

Reunión entre membros da Xunta Directiva de CEAFA e de FAGAL para tratar a revisión do modelo organizativo da Confederación, que terá lugar na sede de FAGAL.

Este encontro enmárcase dentro da proposta CEAFA 2020, que ten como obxectivo levar esta proposta ás entidades que conforman a estrutura confederal.


Segunda reunión do Grupo de Demencias

Segunda reunión do Grupo de Demencias
4/3/2015

Segunda reunión do Grupo de Demencias, un grupo de traballo conformado por profesionais do sector da atención e investigación en demencias, que terá lugar na sede de FAGAL, en Santiago de Compostela.


Presentación dos resultados da estratexia do SERGAS 2010-2014

Presentación dos resultados da estratexia do SERGAS 2010-2014
23/2/2015

O presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, asistiu onte á presentación dos resultados da estratexia do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para o periodo 2010-2014, que se celebrou no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela


Reunión coa Directora Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia

19/1/2015

Membros das Xunta Directiva de FAGAL reúnense coa Directora Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia, Dona Blanca García-Señoráns Álvarez, en Santiago de Compostela.

Na reunión tratáronse temas como o da necesidade dunha política de atención ás demencias que fose transversal a todos os departamentos do goberno autonómico así como propostas concretas que atinxen de xeito máis directo á Consellería de Presidencia, da que depende esta Dirección Xeral: atención á muller coidadora, formación ao persoal de emerxencias, Protección Civil e policía e servizos xurídicos da administración.


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar