facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Consellos para o coidado de persoas con alzhéimer - Exercicios de mobilidade 1

Un aspecto clave que hai que traballar na enfermidade de Alzheimer é a realización de exercicio físico de maneira regular co obxectivo de mellorar a calidade de vida da persoa afectada. Para iso, dende o propio domicilio debe animarse á práctica dunha actividade física que sexa efectiva e sen necesidade dunha gran cantidade de material. É importante contar cas pautas dun profesional da fisioterapia para que os exercicios terapéuticos realizados sexan os máis adecuados para a persoa diagnosticada de alzhéimer ou outra demencia.

É por iso que poñemos en marcha dentro do noso blog este apartado adicado a consellos para un mellor coidado da persoa con demencia no fogar. No seguinte video traballamos a mobilidade a través da forza muscular e o seguemento en circuito para previr caídas e mellorar o equilibrio e a marcha.

O seguinte video foi realizado pola fisioterapeuta do Centro de Día da Rede Pública de Alzhéimer de Ribeira xestionado por AGADEA, Adriana Curros.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar