facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Por que as demencias neurodexenerativas deben ser un asunto de primeira orde pública I: Poboación

“As demencias neurodexenerativas son un asunto de primeira orde pública”. Así comezan moitas das intervencións e declaracións que se fan dende a Federación Alzhéimer Galicia e non é unha frase dita para buscar titulares ou chamar a atención, está tomada do título do informe da Organización Mundial da Saúde do 2012 sobre demencias.

Explicar o por que ten moitos matices, pero o primeiro de todos, e motivo desta entrada do blog é porque a idade é o principal factor que pode aumentar o risco de ter unha demencia neurodexenerativa e Galicia é unha comunidade moi envellecida.

A situación demográfica actual de Galicia está configurada fundamentalmente por dous elementos que se foron desenvolvendo pouco a pouco dende fai 25 anos: crise de natalidade e aumento da esperanza de vida. O resultado é unha sociedade envellecida, no que a día de hoxe as persoas maiores de 65 anos superan o 24% e que o Instituto Nacional de Estadística prevé que aumente ao 42% no 2050. Non debemos confundir os éxitos sociais, sanitarios e de benestar que promoveron que, en dúas décadas, aumentara a esperanza de vida en 7 anos co problema do envellecemento social. É unha cuestión de desproporción na pirámide poboacional, xa que en Galicia hai 188 persoas maiores de 65 anos por cada 100 menores de 20 anos; e que de cada cen persoas maiores de 65 anos, 20 teñen máis de 85.

Por outra banda, do alzhéimer sabemos tamén que a día de hoxe non se pode evitar pero si enlentecer. Sabemos que, si sumamos ó número de persoas que van dende o deterioro cognitivo leve ata a demencia en fase avanzada, a cifra pode rondar os 100.000 casos en Galicia. Sabemos que o alzhéimer representa o 60% dos casos de demencia neurodexenerativa. Sabemos que estas demencias son a principal causa de discapacidade nas persoas maiores de 65 anos. Sabemos que aínda falta moito para unha vacina ou unha cura. Sabemos que canto antes se detecte, antes se pode empezar a traballar para retrasar o seus efectos. Sabemos que os hábitos de vida activa e saudable ó longo do noso proceso vital son importantísimos para a prevención e detección precoz. Sabemos que unha sociedade sensibilizada e comprometida cas persoas maiores axuda moito a estas e ás súas familias. Sabemos...



Así que, reflexionando sobre estes datos, alzhéimer e poboación, vese que se a día de hoxe nos atopamos nunha realidade que precisa unha abordaxe urxente, canto máis para un futuro a medio e longo prazo.



Na Federación Alzhéimer Galicia, aproveitando a nosa experiencia e a das nosas asociacións recollida ao longo de máis de 20 anos, queremos dar resposta a moitas preguntas:
  • Exactamente,canta xente ten alzhéimer ou outras demencias neurodexenerativas en Galicia?
  • Como podemos detectar pronto a enfermidade (detección precoz)?
  • Xa que temos un rural tan grande e disperso, como están as persoas maiores deste entorno?
  • E a mocidade, como reflexiona sobre este tema?
  • Temos algunha experiencia que nos poida servir para mellorar a calidade de vida das persoas cunha demencia?

E do traballo de dar resposta a estas preguntas naceron as nosas propostas de atención ás persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas:
  1. Prioridade do alzhéimer no sistema sanitario.
  2. Estratexia de atención transversal en demencias:
    • Detección precoz e protocolo específico en atención primaria sanitaria.
    • Recoñecemento dos tratamentos non farmacolóxicos no sistema público de saúde.
    • Formación de familias e profesionais.
    • Creación de protocolos de emerxencias para os servizos de protección cidadá.
    • Traballo no sistema educativo: educación interxeracional
    • Estudos epidemiolóxicos.
  3. Creación de redes de atención especializada en todas as comarcas do rural e nos contornos urbanos.
  4. Recoñecemento mínimo dun 33% de discapacidade con un diagnóstico de enfermidade neurodexenerativa
  5. Recoñecemento oficial da figura do coidador.
  6. Programa de prevención do deterioro: envellecemento activo e saudable.
  7. Maior apoio político, institucional e económico á labor das Asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Galicia

O traballo que fagamos hoxe na nosa comunidade, tanto dende a Xunta de Galicia, coma dende os concellos e da sociedade en xeral en materia de atención ás persoas maiores, terá sen dúbida un retorno de beneficio social e familiar que porá a Galicia coma referencia en políticas en materia de atención persoas maiores e demencias neurodexenerativas. Porque as demencias neurodexenerativas deben ser un asunto de primeira orde pública.


Autor: Javier Hermida, coordinador da oficina técnica de FAGAL


Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar