facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Concepto de demencia

A demencia é unha diminución da capacidade intelectual en comparación co seu nivel previo de función. Polo xeral, esta diminución vai acompañada de cambios psicolóxicos e do comportamento e dá lugar a unha alteración das capacidades sociais e laborais de quen a padece.

A demencia non é unha enfermidade en concreto senón un conxunto de síntomas relacionados cunha diminución das capacidades mentais (memoria, linguaxe, xuízo, cálculo, abstracción, capacidades visoespaciais, emotividade e características da personalidade). Por todo iso podemos dicir que a demencia é unha “síndrome” (conxunto de síntomas e de signos).

Características

  • Perda intelectual en comparación co seu nivel previo de función.
  • Polo xeral, a perda das funcións mentais é progresiva; ocorre de forma gradual ou en estadios discretos; pero tamén se pode manifestar de forma non progresiva e desenvolverse de maneira aguda ou subaguda despois dunha lesión cerebral por anoxia, traumatismos, etc.
  • Non existe alteración a nivel de conciencia.
  • Aínda que a alteración da memoria adoita ser o síntoma inicial e o máis significativo, a deterioración intelectual afecta tamén a outras funcións cognitivas (linguaxe, xuízo, cálculo etc.).
  • Entre un 10% y 20% responde a tratamento e en algúns casos, dependendo do tipo de demencia que sexa e, tratando a causa que a provoca, pode ser reversible.
  • A deterioración cognitiva provoca unha importante alteración funcional, social e ocupacional da persoa, limitando a súa autonomía persoal.
  • Algunhas persoas que presentan demencia poden padecer alteracións da conduta ou psicopatolóxicas.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar