facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Convenio de colaboración coa UDC

UNIVERSIDADE CORUÑA Con data do 14 de novembro de 2014, FAGAL firmou un convenio marco de colaboración coa Universidade de A Coruña (UDC), a través do seu Grupo de Investigación en Xerontoloxía (GIX), polo que se establecen unha serie de actividades e proxectos conxuntos, entre os que se inclúen:
  • Facilitar o intercambio por tempo limitado de profesionais, profesores e investigadores.
  • Favorecer a participación en proxectos e programas de investigación e desenvolvemento bilaterais ou multilaterais.
  • Cooperar en programas de formación de persoal asistencial, investigador e/ou técnico.
  • Asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade de ambas entidades.
  • Intercambio recíproco de libros, publicacións e outros materiais de investigación e docencia, sempre que non haxa compromisos anteriores que o impidan.
  • Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constitúen o obxecto do presente Acordo.
Sinalar que o Grupo de Investigación en Xerontoloxía da UDC, constituido en 1992 polo Prof. José Carlos Millán, está constituido na actualidade por 20 investigadores, pertencentes a diferentes especialidades e dos que 13 son doutores, constituindo as súas principais liñas de investigación:
  • Aplicación das TIC nas persoas maiores
  • Patoloxías neurodexenerativas (Demencias e enfermidade de Alzheimer)
  • Características sociodemográficas e sanitarias da poboación que envellece
  • Discapacidade intelectual e envellecemento
  • Dependencia e persoas maiores
  • Fraxilidade
  • Snoezelen: Estimulación multisensorial
  • Posturografía dinámica computarizada: equilibrio e marcha
  • Envellecemento activo
  • Coidadores de persoas maiores
  • Potenciais evocados.
Como resultado das liñas de investigación, nos últimos anos participou en máis de 40 proxectos de investigación Autonómicos, Nacionais e Internacionais e publicou máis de 100 entre artículos científicos, libros e capítulos de libros, destacando entre eles: “Gerontología y Geriatría: Valoración e Intervención” y “Cuidar y acompañar a la persona con demencia” publicados en 2012 pola Ed. Médica Panamericana e “Principios de Gerontología y Geriatría”, publicado pola Ed. McGraw-Hill Interamericana (2006).

Para máis información: http://gerontologia.udc.es
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar