facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Convenio de Colaboración con FEGADACE

FEGADACE











A Federación Alzhéimer Galicia asinou o 1 de marzo de 2017 un convenio de colaboración coa Federación Galega de Dano Cerebral co obxectivo de establecer as bases polas que se rexerá a colaboración entre ambas entidades para a posta en marcha e desenvolvemento de medidas de avance no proceso de atención ás persoas cunha demencia neurodexenerativa, dano cerebral e ás súas familias.

Ambas entidades se comprometen a participar e colaborar activamente nas actividades e proxectos que se acorde establecer e que irán encamiñados, en termos xerais, a:
  • Intercambio de información sobre o perfil e as necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral e cunha demencia neurodexenerativa.
  • Promover a colaboración entre os profesionais de ambas organizacións para promover o coñecemento mutuo en todas as áreas que se consideren de interese
  • Intercambiar formación específica en materia de demencias neurodexenerativas, dano cerebral adquirido e atención ás familias coidadoras entre o persoal técnico e directivo de ambas entidades.
  • Promover as alianzas oportunas para o deseño e desenvolvemento de programas e proxectos conxuntos que compran cos obxectivos estratéxicos de ambas entidades.
  • Asesoramento e traballo compartido no deseño e posta en marcha de programas de envellecemento activo e saudable, tanto específicos para persoas sas, con dano cerebral e/ou demencia neurodexenerativa e as súas familias.
  • Buscar fórmulas para mellorar a calidade de vida das persoas destinatarias do obxecto do presente acordo, a través de recursos, estratexias e metodoloxías de intervención axeitados e adaptados.
  • Promover accións que contribúan a unha maior visibilización, participación e inclusión das persoas con dano cerebral e persoas cunha demencia neurodexenerativa en programas e servizos da comunidade.
  • Colaboración nas actividades/xornadas de formación, sensibilización e información que se poñan en marcha dende algunha das partes implicadas neste acordo, facilitando a participación dos profesionais especialistas de ámbalas dúas entidades e das súas respectivas entidades membros que formen parte do presente acordo marco, de cara a promover as súas actividades, servizos, visión e filosofía.
  • Promover a posta en marcha de cantas actividades de investigación e innovación consideren oportunas a fin de coñecer mellor a situación actual e a evolución das persoas con discapacidade intelectual e cunha demencia neurodexenerativa que envellecen.
  • Promover a elaboración, publicación e difusión de materiais (de sensibilización, difusión, manuais de boas prácticas, recomendacións,…) que se consideren axeitados para algún dos grupos de destinatarios deste acordo (persoas con discapacidade, familias, profesionais sanitarios, profesionais de servizos,…).
  • Promover a busca en conxunto de recursos que melloren a calidade de vida das persoas finalistas de ambas entidades e que se axunten ás súas misións, visións e valores.
Para máis información sobre o traballo de FEGADACE: http://www.fegadace.org/

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar