facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Convenio de Colaboración co Colexio de Traballo Social

COTS


















A Federación Alzhéimer Galicia asinou o 3 de novembro de 2016 un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia co obxectivo de establecer as bases polas que rexerá a colaboración entre ambas entidades, para a posta en marcha e o desenvolvemento de medidas de difusión e sensibilización en materia de Servizos Sociais no ámbito das persoas maiores e actividades no marco deste sector da poboación.

Ambas entidades comprométense a participar e colaborar activamente nas actividades e proxectos que se acorde establecer e que irán encamiñados, en termos xerais, a:
  • Fomentar o intercambio de información e apoio técnico no eido da dependencia e de xeito máis concreto no sector de persoas con alzhéimer e outras demencias ao igual que as persoas coidadoras.
  • Promover a investigación e a colaboración en aspectos formativos que poñan en marcha algunha das partes implicadas neste acordo, facilitando a difusión da actividade entre os respectivos colectivos e a participación dos profesionais especialistas na materia.
  • Difusión e sensibilización do papel dos profesionais do traballo social na súa intervención con maiores.
  • Promover a elaboración, publicación e difusión de materiais (de sensibilización, difusión, de boas prácticas, recomendacións...) que se consideren axeitados para algún dos grupos destinatarios deste acordo.
  • Facilitar o acceso web a ligazóns mutuas ao presente acordo e ás páxinas webs de ámbalas dúas entidades de referencia e posibilitar a difusión mutua de actividades de interese no ámbito da intervención sociosanitaria con persoas maiores.
  • Aquelas outras actividades de colaboración poidan resultar de interese mutuo para ámbalas dúas entidades.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar