facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Convenio de Colaboración coa USC

UNIVERSIDADE SANTIAGO FAGAL ten ratificado o seu compromiso coa Universidade de Santiago de Compostela a través dun convenio Marco. Esta colaboración canalízase a través do Grupo de Psicoxerontoloxía do servizo de Psicoloxía da USC e ten os seguintes obxectivos:
  • Execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, a realizar nos Departamentos da USC e/ou nas instalacións de FAGAL.
  • Asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade de ambas entidades.
  • Cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico.
  • Organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.
  • Intercambio de persoal por tempo limitado, cando a índole do traballo así o requira.
  • Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das disposicións das partes e das actividades que constitúen o obxecto do presente Acordo Marco.
A Unidade de Psicoxerontoloxía do Servizo de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), realiza as seguintes actividades:
  • Investigación psicolóxica do proceso de envellecemento.
  • Avaliación psicolóxica e diagnóstico temperán de alteracións cognitivas e funcionais.
  • Avaliación neurocognitiva do envellecemento san e con deterioro.
  • Intervención en alteracións cognitivas e funcionais.
  • Asesoramento a persoas maiores e ás súas familias tanto no que respecta á prevención e fomento dun envellecemento saudable como á mellora da calidade de vida en situacións de envellecemento patolóxico.
  • Asesoramento a institucións e centros especializados na atención ás persoas maiores e as súas familias.
  • Formación continua no ámbito da Psicoxerontoloxía.
Estes servizos realizaranse no local da Unidade de Psicoxerontoloxía da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar