facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Convenio de colaboración coa UVigo

UNIVERSIDAD DE VIGO FAGAL asinou un convenio marco de colaboración coa Universidade de Vigo para que sirva de canle para todas aquelas iniciativas comúns entre ambas entidades. A colaboración será canalizada polo Grupo de Enxeñería e sistemas telemáticos e os obxectivos de colaboración son:
  • Facilitar o intercambio por tempo limitado de profesionais, profesores e investigadores.
  • Favorecer a participación en proxectos e programas de investigación e desenvolvemento bilaterais ou multilaterais.
  • Cooperar en programas de formación de persoal asistencial, investigador e/ou técnico.
  • Asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade de ambas entidades.
  • Intercambio recíproco de libros, publicacións e outros materiais de investigación e docencia, sempre que non haxa compromisos anteriores que o impidan.
  • Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constitúen o obxecto do presente Acordo.
O Grupo de Enxeñería e sistemas telemáticos, dependente da Universidade de Vigo, ten as seguintes liñas de investigación:
  • A detección precoz do deterioro cognitivo, como mecanismo de prevención e/ou intervención a tempo no caso de dolencias de tipo demencia, especialmente de tipo Alzheimer.
  • A monitorización continua e non intrusiva das capacidades cognitivas das persoas a través de videoxogos, que permita superar as limitacións dos actuais mecanismos de validación: os test ou escalas neuropsicolóxicas.
  • A intervención a través de videoxogos que estimulen os aspectos cognitivos (ex. memoria, funcións executivas, fluidez verbal, etc.), motores (ex. gait), sociais (ex. promoción da interacción social entre usuarios/as, etc.); de forma que en conxunto se contribúa a unha minoración dos problemas cognitivos e a unha promoción do envellecemento activo.
De forma paralela todas as solucións ofrecen interfaces de acceso adaptadas e especialmente pensadas (ex. TV interactiva, dispositivos móbiles, mandos de control adaptados, etc.) para os seus usuarios finais: as persoas maiores.

Para máis información: http://gist.det.uvigo.es/ e folleto resumo eHealth

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar