facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Convenio de Colaboración con ASEM Galicia

ASEM GALICIA












A Federación Alzhéimer Galicia asinou o 9 de xuño de 2016 un convenio de colaboración con ASEM Galicia para fomentar o intercambio de experiencias e persoal nos campos que se estimen comúns, a comunicación social e a atención sociosanitaria en xeral,dentro daquelas áreas nas cales ambas entidades teñan interese manifesto.

Baixo este convenio, ambas entidades se comprometen a:
  • Facilitar o intercambio por tempo limitado de profesionais.
  • Utilización das canles de comunicación sociais de ambas entidades para promocionar aquelas accións que se consideren de interese por ambas partes.
  • Favorecer a participación en proxectos e programas sociosanitarios e desenvolvemento bilaterais ou multilaterais.
  • Cooperar en programas de formación de persoal asistencial, investigador e/ou técnico.
  • Asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade de ambas entidades.
  • Intercambio recíproco de información, publicacións e outros materiais de investigación e docencia, sempre que non haxa compromisos anteriores que o impidan.
  • Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constitúen o obxecto do acordo.
Máis información do traballo que realiza ASEM Galicia: http://www.asemgalicia.com/
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar