facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Convenio de Colaboración con Down Galicia

DOWN GALICIA











A Federación Alzhéimer Galicia asinou o 27 de setembro de 2016 un convenio de colaboración coa Federación Down Galicia co obxectivo de establecer as bases polas que se rexerá a colaboración entre ambas entidades para a posta en marcha e desenvolvemento de medidas de avance no proceso de envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual así como promover a súa correcta atención sociosanitaria no caso de desenvolver unha demencia neurodexenerativa.

Ambas entidades se comprometen a participar e colaborar activamente nas actividades e proxectos que se acorde establecer e que irán encamiñados, en termos xerais, a:
  • Intercambio de información sobre o perfil e as necesidades do colectivo de persoas con discapacidade intelectual e cunha demencia neurodexenerativa.
  • Asesoramento e traballo compartido no deseño e posta en marcha de programas de envellecemento activo e saudable, tanto específicos para persoas con discapacidade intelectual, coma normalizados para o conxunto de poboación de persoas maiores dos que os destinatarios deste acordo se poidan beneficiar.
  • Buscar fórmulas para mellorar o proceso de envellecemento dos colectivos, a través de recursos, estratexias e metodoloxías de intervención axeitados e adaptados.
  • Promover accións que contribúan a unha maior visibilización, participación e inclusión das persoas maiores con discapacidade intelectual e persoas cunha demencia neurodexenerativa en programas e servizos da comunidade.
  • Colaboración nas actividades/xornadas de formación, sensibilización e información que se poñan en marcha dende algunha das partes implicadas en este acordo, facilitando a participación dos profesionais especialistas de ámbalas dúas entidades e das súas respectivas entidades membros que formen parte do presente acordo marco, de cara a promover as súas actividades, servizos, visión e filosofía.
  • Promover a posta en marcha de cantas actividades de investigación e innovación consideren oportunas a fin de coñecer mellor a situación actual e a evolución das persoas con discapacidade intelectual e cunha demencia neurodexenerativa que envellecen.
  • Promover a elaboración, publicación e difusión de materiais (de sensibilización, difusión, manuais de boas prácticas, recomendacións,…) que se consideren axeitados para algún dos grupos de destinatarios deste acordo (persoas con discapacidade, familias, profesionais sanitarios, profesionais de servizos,…).
Para máis información sobre o traballo de Down Galicia: http://downgalicia.org/

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar