facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Convenio de Cooperación Educativa coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Con data do 3 de Marzo de 2016, a Federación Alzhéimer Galicia asinou un convenio de cooperación educativa coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co obxectivo de divulgar e promocionar as actividades de educación que promovan as relacións interxeracionais, así como a corresponsabilidade familiar no coidado das persoas maiores, enfermas ou dependentes. A colaboración entre ambas institucións levarase a cabo da seguinte maneira: Por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
  • Divulgar e promover as actividades de promoción e difusión das relacións interxeracionais de FAGAL a das AFAs a través das súas canles de comunicación cos centros docentes de Galicia.
  • Promover a difusión dos materiais didácticos desenvolvidos por FAGAL para a súa utilización nos centros docentes de Galicia.
Por parte da Federación Alzhéimer Galicia:
  • Informar e dar conta á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dos proxectos desenvolvidos por esta entidade en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Poñer á disposición dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia os materiais didácticos desenvolvidos por FAGAL.
  • Indicar, en todas as accións desenvolvidas froito deste acordo, a participación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar