facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

"Debemos seguir traballando nesta mesma liña para que nun futuro próximo sexamos unha federación aínda máis forte"





Se fago memoria de cando AFAMO entrou a formar parte da Federación Alzhéimer Galicia hai 17 anos, era simplemente un conxunto de voces formado polos presidentes de todas as asociacións que existían nese momento; sen medios máis que as ganas de traballar para ofrecer unha maior atención ás persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer e os seus coidadores.

Nestes 20 anos de percorrido, entre todos conseguimos unha federación forte, alcanzando metas importantes como a creación da rede pública de centros día especializados en alzhéimer, formación, libros, manuais… e mesmo unhas xornadas interdiciplinares (xa pola 16ª edición) co recoñecemento de interese sanitario desde hai varios anos.

Debemos seguir traballando nesta mesma liña para que nun futuro próximo sexamos unha federación aínda máis forte, porque contribúe a que as asociacións sexan tamén máis fortes.

Desde AFAMO queremos felicitar á Federación Alzhéimer Galicia e desexámoslle outros 20 anos de éxitos.

Fina Cancelas Pérez
Presidenta de AFAMO
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar