facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Día Mundial do Alzheimer 2016



Como cada ano, o dia 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, declarado pola Organización Mundial da Saúde. Este día é aproveitado pola Federación Alzhéimer Galicia e as súas asociacións para dar a coñecer a doenza e difundir o traballo diario que realizan as nosas entidades para mellorar a vida das persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas e a súa contorna. Todos os anos buscamos con esta conmemoración achegar á sociedade en xeral así como ás institucións públicas a problemática da enfermidade, que estimamos que pode afectar en Galicia a unhas 100.000 persoas.

Este 2016 é un ano no que dende a Federación Alzhéimer Galicia quérese, con especial insistencia, facer visibles as necesidades existentes no ámbito do alzhéimer, entre as que desexamos destacar:
  • A declaración desta doenza como prioridade de saúde pública.
  • O recoñecemento automático do 33% de discapacidade á persoa diagnosticada de alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa.
  • A posta en marcha dunha Política de Estado de Alzheimer, establecendo en Galicia unha Estratexia Transversal de Atención ás Demencias que involucre a todos os eidos da Administración Pública.
  • Recoñecemento público da figura do Coidador Familiar, dotándolle de recursos oportunos durante a etapa de coidado e unha vez o coidado rematou.
É por iso que o lema que utilizaremos para a campaña 2016 de FAGAL e as súas AFAs con motivo do Día Mundial do Alzhéimer é o seguinte:

MARCÁNDOLLE O PASO Ó ALZHÉIMER


O propósito desta campaña é que cada persoa poña a súa pegada para marcar o paso que dá na loita contra o alzhéimer. Aquelas persoas que desexen participar na campaña poden dibuxala, fotografala, creala dalgún modo creativo… ou pode unirse mostrando que paso está a realizar para axudar a mellorar a situación, por exemplo, as asociacións que están a traballar en obradoiros cos seus usuarios, se eres unha persoa coidadora dun afectado pola doenza, etc. O hashtag que debes utilizar é #MarcandoPasoAlzheimer, para que se poida utilizar tanto en galego como en castelán, e podes colgar a túa fotografía en Facebook, Twitter e Instagram.



EVENTOS

6 de setembro: Rolda de Prensa.

17 de setembro: Andaina Solidaria.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar