facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Día Mundial do Alzheimer 2017



Como cada ano, o dia 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, declarado pola Organización Mundial da Saúde. Este día é aproveitado polas asociacións e a Federación Alzhéimer Galicia para dar a coñecer a enfermidade e difundir información sobre a mesma e o traballo realizado polas entidades para mellorar a vida das persoas afectadas polo alzhéimer e o seu entorno. Tódolos anos búscase con este Día achegar á sociedade en xeral a problemática da enfermidade, que se estima que pode afectar en Galicia a unhas 100.000 persoas, así como ás institucións públicas.

Na campaña polo Día Mundial do Alzheimer 2017 dende a Federación Alzhéimer Galicia queremos poñer o aceno na importancia da persoas con alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa. Así, a través da campaña “Recorda quen son”, queremos facer máis visibles aqueles aspectos que consideramos que tanto as administracións públicas como a sociedade en xeral deben axudar a recoñecer para mellorar a calidade de vida das persoas cunha demencia e da súa familia.
  • A defensa da dignidade da persoa con alzhéimer, respectando sempre a autonomía da persoa ó máximo. Ademais debemos respectar a súa capacidade de tomar decisións sempre que sexa posible. A persoa con demencia acaba por perder progresivamente a súa capacidade funcional, e a diminuír a súa autonomía e capacidade de elección. Por iso é preciso que se vele polo benestar destas persoas e se poida detectar calquera situación anómala o máis rápido posible.
  • Recoñecemento dos dereitos das persoas con alzhéimer. Dentro destes dereitos atopamos algún tan importantes como ser informado do diagnóstico da enfermidade, a ter atención médica apropiada e continuada, a vivir nun ambiente seguro e estruturado, ou a ser coidado por profesionais cualificados no ámbito do alzhéimer.
  • Recoñecemento da figura da persoa coidadora e dos seus dereitos, recoñecendo o seu valor e visibilizando a súa labor ante a sociedade. É fundamental facilitar o acceso das persoas coidadoras a recursos tanto para un mellor coidado da persoa con demencia como para evitar situacións de exclusión social dos coidadores, incluíndo tamén a persoas excoidadoras.
  • Recoñecemento do 33% de discapacidade para as persoas ás que se lles diagnostique alzhéimer ou outra demencia de maneira automática. As personas cunha discapacidade por enfermidades neurodexenerativas como o alzhéimer non responden ó patrón doutras discapacidades, polo que, en moitas ocasións, danse situacións de desprotección social. O recoñecemento deste grao de discapacidade permitirá ós afectados pola doenza a acceder a recursos e servizos básicos e imprescindibles para estas persoas.
É por iso que o lema que utilizaremos para a campaña 2017 de FAGAL e as súas AFAs con motivo do Día Mundial do Alzheimer é o seguinte:

RECORDA QUEN SON



CAMPAÑA EN REDES SOCIAIS

No caso do lema de este ano, que ten o foco na persoa con alzhéimer, centraremos esta campaña en redes sociais naquelas persoas que os nosos seguidores non queren esquecer (avós, país, nais que teñan algunha demencia). Así, este ano queremos animar ós nosos seguidores a que publiquen unha fotografía da persoa que non quere esquecer baixo o lema #RecordaQuenSon ou ben unha fotografía imitando ó cartel da campaña, onde diante se sitúe a persoa con demencia e detrás a persoa coidadora, para poñer o aceno na persoa afectada e amosando o apoio de todas esas persoas que traballan día a día para mellorar a súa situación.

Así mesmo, para aquelas persoas que non desexen publicar unha fotografía propia, está dispoñible unha plantilla descargable coa fotografía de campaña e o lema para que poidan apoiar a campaña sacando unha fotografía con esta imaxe. Para iso utilizarase tamén a etiqueta #RecordaQuenSon.

Esta campaña estará aberta durante todo o mes de setembro en Facebook, Twitter e Instagram.



EVENTOS

12 de setembro: Rolda de Prensa.

16 de setembro: II Andaina Solidaria.

20 de setembro: Presentación do Manual "Traballo Social en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas".

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar