facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Día Mundial do Alzheimer 2018



Como cada ano, o dia 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, declarado pola Organización Mundial da Saúde. Este día é aproveitado polas asociacións e a Federación Alzhéimer Galicia para dar a coñecer a enfermidade e difundir información sobre a mesma, así como o traballo realizado polas entidades para mellorar a vida das persoas afectadas polo alzhéimer e o seu entorno. Todos os anos búscase con este Día achegar á sociedade en xeral e ás administración públicas a problemática da enfermidade, que se estima que pode afectar en Galicia a unhas 100.000 persoas.

Na campaña polo Día Mundial do Alzheimer 2018 desde a Federación Alzhéimer Galicia queremos poñer o aceno na importancia dunha maior conciencia social da enfermidade que involucre a todos os eidos da sociedade. Así, a través da campaña “Ela non se acordará, e ti?”, queremos facer máis visibles aqueles aspectos que consideramos que tanto as administracións públicas como a sociedade en xeral deben axudar a recoñecer para mellorar a calidade de vida das persoas cunha demencia e da súa familia. Ademais, con este lema queremos unirnos á campaña da Confederación Nacional, CEAFA que este ano céntrase na importancia de concienciar á sociedade sobre a problemática da enfermidade a través do seu lema “Alzhéimer, ConCiencia Social”
  • Reivindicar a necesaria conciencia para garantizar unha axeitada abordaxe integral do alzhéimer que, ademais de combatir os seus efectos sociosanitarios, poña no centro de atención os dereitos das persoas afectadas (paciente-coidador), ó mesmo tempo que se respecte a súa dignidade.
  • Apoiar e sustentar calquera acción ou medida que poida lanzarse en evidencias contrastadas e contrastables, ó tempo que temos que esixir un maior compromiso coa ciencia -tanto a biomédica como a social ou sociosanitaria-, como único recurso para avanzar cara a erradicación da enfermidade, así como tamén das súas consecuencias.
  • A posta en marcha en Galicia dunha Estratexia Transversal de Atención ás Demencias que involucre a todos os eidos da Administración Pública, complementaria a un Plan Nacional de Alzhéimer.
  • Realizar con urxencia un estudo da situación real do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas en Galicia, creando un mapa que permita coñecer o impacto da doenza nas diferentes áreas da nosa comunidade.
  • A necesidade de que o alzhéimer e as demencias neurodexenerativas sexan consideradas polo Servizo Galego de Saúde como prioridade de saúde pública, tal e como o recoñece a OMS no seu informe “Demencia: una prioridad de salud pública”, publicado no ano 2012.
  • Recoñecemento do 33% de discapacidade para as persoas ás que se lles diagnostique alzhéimer ou outra demencia de maneira automática. As personas cunha discapacidade por enfermidades neurodexenerativas como o alzhéimer non responden ó patrón doutras discapacidades, polo que, en moitas ocasións, danse situacións de desprotección social. O recoñecemento deste grao de discapacidade permitirá ós afectados pola doenza a acceder a recursos e servizos básicos e imprescindibles para estas persoas.
Este ano queremos facer un chamamento á sociedade para que se implique nunha enfermidade que non deixa de aumentar a súa incidencia, centrando o noso lema e a imaxe de campaña na persoa con alzhéimer ou outra demencia. É por iso que o lema utilizado este ano por FAGAL e as súas AFAs será o seguinte:

ELA NON SE ACORDARÁ, E TI?



CAMPAÑA EN REDES SOCIAIS

No caso do lema de este ano, que ten o foco na persoa con alzhéimer e na importancia de que a sociedade se conciencie sobre esta doenza, queremos conseguir o apoio da sociedade baixo a etiqueta #NonMeEsquecerei. Así, este ano queremos animar aos nosos seguidores a que publiquen unha fotografía propia co noso cartel ou destacando nun calendario o día 21 de setembro xunto co lema anteriormente indicado, amosando así o seu apoio ás persoas con alzhéimer e ás súas familias. Está dispoñible unha plantilla descargable coa fotografía de campaña e o lema para poder apoiar esta campaña.

Esta campaña estará aberta durante todo o mes de setembro en Facebook, Twitter e Instagram.

EVENTOS

Do 3 ao 23 de setembro: Exposición CapacitARTE.

11 de setembro: Rolda de Prensa.

18 de setembro: I Simposio nacional "La investigación sociosanitaria en la enfermedad de Alzheimer y otras demencias".

22 de setembro: Gala 20 Aniversario da Federación Alzhéimer Galicia.

Do 21 ao 23 de setembro: Ruta Solidaria "Recetas para el Recuerdo".

24 de setembro: Xornada sobre envellecemento e demencias en Galicia.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar