facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Guía para coidadores

O libro que presentamos pretende ser máis ca unha guía para coidadores de enfermos de Alzheimer; trátase dun libro con vontade propia, reflexo dos intereses de todo un grupo de apreciados colaboradores.

Probablemente se preguntará: ¿como un libro pode ter vontade de seu? E se a ten, ¿vontade de que?

A Guía para coidadores de enfermos de Alzheimer de FAGAL desexa ser unha obra que non só informe e oriente, senón que sirva de nexo de unión entre os nosos colaboradores e vostede, o lector/a. Desexa ser un ente vivo que vaia evolucionando cos cambios científicos, técnicos e sociais. Desexa establecer un diálogo con vostede, escoitar a súa crítica e responder a ela coas modificacións pertinentes. O que non desexa ser é unha guía máis, redactada por autores afastados no tempo e no espazo aos que o lector/a dificilmente poida acceder.

Os nosos autores están aí, ao alcance da súa man. Os temas que se tratan na Guía poden ser abordados directamente con estes profesionais en calquera momento. Aquí radica a vontade da nosa Guía e a súa principal característica: pretender ser un documento escrito que non só informe, senón que promova o diálogo co noso equipo técnico e colaboradores.

En FAGAL sentimos que esta é a nosa Guía, elaborada por nós para intentar estar máis cerca de vostede.

MILAGROS PRIETO GONDELL
2007

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar