facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

"Dúas décadas nas que se teñen acadado metas marabillosas, e difícilmente imaxinables nos seus inicios"





FAGAL cumple 20 anos e celebrarao do mellor xeito que sabemos todas e cada unha das persoas que loitamos día a día contra o alzhéimer: loitando por ofrecer unha mellor atención ás persoas afectadas e ás súas familias e coidadores. Farao lembrando, facendo memoria, traendo ó presente o traballo dos protagonistas destes 20 anos. Dos directivos, dos traballadores, dos voluntarios e dos beneficiarios do labor de FAGAL. Eles son en suma a Federación que nacía hai dúas décadas para coordinar o traballo que desenvolvemos dende os diferentes territorios e impulsar un frente común nas reivindicacións que todos compartimos.

Dúas décadas nas que se teñen acadado metas marabillosas, e difícilmente imaxinables nos seus inicios, como a creación da primeira rede pública de centros de día especializados en alzhéimer; a posta en marcha dun espazo de formación e intercambio de experiencias que nos axudan a abordar novos proxectos como son as Xornadas Interdisciplinares de FAGAL, ou iniciativas de formación de tan amplo alcance como o Programa Red Paraguas Alzheimer.

Vinte anos de traballo nunha loita tan necesaria hoxe como o primeiro día. Porque o alzhéimer continúa avanzando e, a pesares de estar en mellores condicións que hai dúas décadas, tanto polo coñecemento que temos sobre a enfermidade como polas melloras en canto á atención dos afectados e das súas familias, a ausencia dunha cura obrígannos a pelexar con todas as forzas das que dispoñemos para facer memoria en todos os estamentos e a todos os niveis.

AFAL Ferrolterra apostou ben cedo por esa forma de actuar fronte ó alzheimer. Sumando, aunando esforzos e vontades porque non entendemos outro xeito de mirar á enfermidade. E nesa liña continuará con convicción, facendo camiños, facendo memoria en FAGAL.

Ana María López

Presidenta de AFAL Ferrolterra

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar