facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFABER participa nun ciclo divulgativo cunha charla sobre alzhéimer

21/1/2019

O vindeiro venres 25 de xaneiro terá lugar no local social da parroquia de Sisamo (Carballo) ás 20:00 h. unha charla informativa para a poboación en xeral e, en especial, para os/as familiares de persoas con algunha demencia.

A charla estará dirixida por Beatriz Crespo Rilo, terapeuta ocupacional de AFABER e por Laura Barca, técnica auxiliar de enfermería da
asociación.

Dita charla foi solicitada pola asociación de veciños Santiago Apóstol
de Sisamo, e ten como obxectivos informar sobre a enfermidade de
Alzheimer e o traballo que realiza AFABER , fomentando o apoio no medio rural en materia de demencias.

Gallery


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar