facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

Presentan en Vigo o manual sobre envellecemento activo no que participaron AFAGA e AGADEA

23/1/2019
  • O pasado venres, 18 de xaneiro, tivo lugar na Casa do libro de Vigo a presentación do manual 'Programa de adestramento para envellecer activamente', de Editorial CCS. '

Este manual está escrito por varios autores e autoras, entre eles/as, Pedro Santamaría, antigo psicólogo de Afaga Alzheimer e que agora é director do Centro de día Net- Avó, María Campos e David Facal, ámbolos dous profesores da Universidade de Santiago de Compostela, e Noelia Riaño, psicóloga de Agadea.

O libro elaborouse a partir dos programas de adestramento cognitivo e prevención da deterioración que se desenvolven nos centros de Agadea Alzheimer e Afaga Alzheimer .

O obxectivo do manual é promocionar a autonomía e a calidade de vida dende o marco do envellecemento activo. Diríxese a persoas sen deterioración cognitiva, pero que queren manter a súa mente activa e en forma.

Pedro Santamaría e María Campos destacaron que está deseñado para exercitar a mente, pero tamén para socializar, para escapar da rutina do día a día, para divertir e entreter e, desta forma, espertar nos participantes novas inquedanzas intelectuais. A presentación deste libro, que foi todo un éxito, correu a cargo de Pedro Santamaría e María Campos, con Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga, como moderador.

  • Obradoiro ‘Cultiva a Mente’

En Afaga desenvólvese este programa dende hai varios anos a través do obradoiro ‘Cultiva a Mente’, e os seus resultados son moi positivos. Impártese unha vez á semana, os martes pola mañá, e a partir de febreiro comeza un novo grupo, os mércores pola tarde.

Gallery


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar