facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFABER continúa realizando diversos obradoiros e programas de estimulación cognitiva na comarca de Bergantiños.

28/1/2019
  • AFABER continúa realizando obradoiros de memoria na comarca de Bergantiños
  • AFABER necesita apoios para manter o servizo de estimulación cognitiva durante toda a xornada. Debido a demanda no servizo e a necesidade expresada polos familiares ampliou o servizo polas mañás o pasado 15 de outubro.

AFABER continúa realizando na comarca de Bergantiños as seguintes actividades:

Obradoiro de memoria en Carballo. No Pazo da Cultura os mércores de 18:00 a 19:30. 20 prazas.
Obradoiro de memoria en Coristanco. A través da asociación de veciños Santa Ma de Traba. Os luns de 10:00 a 11:00. Máis de 20 persoas.
Obradoiro de memoria en Cabana. A petición do Concello de Cabana de Bergantiños. Todos os xoves de 17:00 a 18:30. Asisten ao redor 30 persoas.
Obradoiro de memoria en Sísamo. A través da asociación de veciños Santiago Apóstol de Sísamo. Todos os venres de 11:00 a 12:00. Asisten máis de 20 persoas.
Grupos de Apoio. Os primeiros mércores de cada mes ás 20:15 no local de AFABER. Dirixido por unha psicóloga.

Ademáis...

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: Exposición permanente cas 42 fotografías do IV Concurso de fotografía sobre alzhéimer AFABER 2018. No local da asociación.

  • PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA

AFABER atende a máis de 30 personas afectadas pola enfermidade de Alzheimer e outras demencias, de forma continuada.
Habitualmente desenvolve a súa actividade de 16:00 a 20:00. Debido ao número de usuarios/as cos que a asociación conta actualmente é imprescindible ampliar a xornada de mañá. Trala solicitude expresa por parte dos familiares, dende o 15 de outubro de 2018, o programa realízase tamén en xornada de mañá de 10:00 a 13:00h.
Este aumento no horario de atención conleva un aumento significativo do gasto polo que AFABER precisa apoios que axuden a manter esta atención en xornada completa.

Para máis información ou para colaborar: 981 75 85 45
625 980 691

Gallery


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar