facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol manten aberto o prazo de inscrición para os Obradoiros de Envellecemento Activo

30/1/2019
  • AFAL Ferrol mantén aberto o prazo de inscrición para os seus Obradoiros de Envellecemento Activo, dirixidos a persoas maiores de 65 anos sas, sen diagnóstico de deterioración cognitiva.
  • Trátase de sesións nas que de forma grupal e individual realízanse actividades de adestramento cognitivo relacionadas coa atención, cálculo, percepción, linguaxe e memoria.

Con estes obradoiros favorécese un envellecemento activo, mediante o asesoramento de hábitos saudables, estratexias de memoria e coñecementos sobre o funcionamento cognitivo durante a vellez. Ademais, debido a que se trata dun espazo grupal favorécese a interacción e integración social tan necesaria para manter un óptimo estado emocional e psicolóxico.

Celébranse martes e xoves de 16,30 a 18 horas na sede de AFAL Ferrolterra e o prezo para as persoas socias de AFAL Ferrol é de 10€ ao mes e de 30 para as non socias. As persoas interesadas en anotarse poden facelo na asociación ou chamando ao teléfono 981 37 06 92.

Durante a última sesión, os participantes traballaron a memoria a través de actividades significativas. Neste caso, unha usuaria volveu exercer o rol de mestra lembrando e revivindo a súa antiga profesión.

Gallery


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar