facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol invitou aos escolares do CEIP A Solaina a poñerse na pel dunha persoa afectada de alzhéimer

5/2/2019
  • Estudantes de 5º de Primaria participaron nas actividades propostas
    pola asociación nas instalacións educativas.

AFAL Ferrol desprazouse ao CEIP A Solaina de Narón para convidar o estudantado a coñecer un pouco máis a enfermidade de Alzheimer. A través dunha charla informativa, que estivo acompañada de proxeccións e imaxes, e o Circuito do Alzhéimer de AFAL, os nenos e nenas puxéronse na pel dunha persoa con alzhéimer.

O Circuito consta de cinco estacións onde se propoñen diferentes probas, como tentar poñerse unha chaqueta con tres ou catro mangas; escribir sinxelos exercicios nun papel cunha luva de boxeo; encestar unha pelota nunha canastra coas mans atadas ou subir uns pequenos chanzos con zapatos de pallaso. Unha forma de ver as dificultades que as persoas con alzhéimer atopan en actosrutineiros do día a día debido á deterioración ou perda de dificultades. É unha efectiva fórmula de concienciación en torno ao alzhéimer que calou moi positivamente entre os/as escolares de 5º de Primaria que participaron na actividade.

A actividade inclúese no programa de sensibilización na infancia que AFAL desenvolve entre os centros educativos de Narón grazas ao convenio de colaboración subscrito co Concello.

Gallery


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar