facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia inaugura a exposición "Facendo camiños, facendo memoria" na Casa de Galicia en Madrid

7/2/2019

A Federación Alzhéimer Galicia inaugurou onte na Casa de Galicia en Madrid a exposición “Facendo camiños, facendo memoria”. Composta de dezanove paneis informativos sobre a enfermidade e o traballo realizado polas asociacións federadas, a exposición foi desenvolta en colaboración coa Consellería de Política Social e o CERMI-Galicia co fin de sensibilizar sobre unha realidade crecente na nosa sociedade.. Xunto á exposición, se deu a coñecer o libro “Recetas para el recuerdo”, de historias de vida presentadas a través do recordo de sabores.

Os encargados do acto foron o presidente da federadación, Juan Carlos Rodríguez, e o coordinador de actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez.

Entre o público asistente estopábase a deputada na Asemblea de Madrid
Pilar Liébana Montijano, portavoz do PP na Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade, representantes directivos das asociacións de alzhéimer de Torrejón de Ardóz (Torrafal), AFEAM Madrid e AFA Las Rozas. Tamén estivemos acompañados de Susana Salgado e Esther Jimenez, responsables de comunicación da empresa de azafranes "Pote".

Jiménez explicou que a exposición foi desenvolta “co fin de sensibilizar sobre unha realidade crecente na nosa sociedade”, que “afecta a máis de 400.000 persoas na Comunidade galega”, e que a través dos seus “paneis con fotos e textos explicativos” preséntase "á propia Federación Alzhéimer Galicia e o traballo das súas asociacións, ademais de información sobre as demencias así como traballos da rede asociativa de alzhéimer en Galicia”.

Rodríguez Bernández explicou que “a Federación Alzhéimer Galicia ten entre os seus obxectivos dar a coñecer a realidade das demencias neurodegenerativas en todos os foros posibles” e para iso “é fundamental crear e fortalecer lazos de colaboración con todos os axentes implicados no cambio social que promova unha sociedade comprometida coas persoas cunha demencia neurodexenerativa e as súas familias”, contexto no que nace a exposición. “CapacitARTE quere mostrar a superación das persoas cunha discapacidade, sexa cal fora e evolucione como evolucione esta, e o traballo comprometido de todas as familias, persoas traballadoras, o voluntariado e os axentes sociais que colaboran en construír unha sociedade inclusiva”, engadiu.

A exposición poderá visitarse ata o 28 de febreiro.

Gallery


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar