facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol leva ao colexio de Cariño o seu programa de sensibilización sobre o alzhéimer

7/2/2019
  • Estudantado de Primaria e equpo docente participaron nas actividades propostas pola asociación nas instalacións educativas

AFAL Ferrolterra, en colaboración co Concello e o Colexio de Educación Infantil e Primaria de Cariño, levou ao centro educativo o seu programa de sensibilización á infancia
“O Alzhéimer na Escola”.

Así, no día de onte, o equipo da asociación achegou a enfermidade ao alumnado de sexto curso de Educación Primaria a través dunha charla informativa moi participativa sobre a enfermidade, na que as técnicas da AFAL non só explicaron en que consiste a doenza senón que se centraron en como afrontala desde o punto de vista dos neos e nenas cando se diagnostica un caso na familia.

Así mesmo, o estudantado, e algúns docentes, participaron posteriormente no Circuito “Ponte na súa pel”. Deste xeito, puideron facerse unha idea das dificultades que as persoas con alzhéimer se atopan en actos rutineiros do día a día debido á deterioración ou perda de facultades. E unha efectiva fórmula de concienciación en torno ao alzhéimer con moi boa acollida entre os máis pequenos e pequenas.

A presidenta de AFAL Ferrol, Ana María López, quixo agradecer moi especialmente a implicación no proxecto tanto da dirección como do profesorado do centro.

Gallery


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar