facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFACO impartirá un curso formativo básico na enfermidade de Alzheimer para persoas coidadoras non profesionais

8/2/2019
  • AFACO impartirá un “Curso formativo básico na enfermidade de Alzheimer” nas instalacións da Biblioteca Municipal González Garcés, os días 18, 19 e 20 de febreiro.

As actividades comezarán o luns 18 de febreiro ata o día 20 en horario de 17.00 a 19. horas.
O encargado de impartir o curso é Juan Bonome, psicólogo de AFACO.

Os contidos e temas a abordar durante o curso son os seguintes:

  • Luns 18: A enfermidade de Alzheimer: diagnóstico e tratamento.
  • Martes 19: Pautas de actuación ante síntomas conductuales.
  • Mércores 20: Taller de habilidades de comunicación. Coidado da persoa coidadora.
  • A nosa asociación AFACO lembra a importancia que ten recibir formación especializada para os coidadores informais, polos beneficios que se derivan da súa participación. Devanditos beneficios transcenden non só á mellora das habilidades para facer fronte ao coidado, senón tamén ó efecto terapéutico que provoca a interrelación con outros familiares que se atopan en situación semellante.

    As familias que desexen participar están a tempo de formalizar a inscrición. Para iso,deben poñerse en contacto con AFACO a través do número de teléfono 981-205858 ext 2001, ou ben por correo electrónico: contacto@afaco.es ata o día 15 de febreiro.

    Gallery


    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar