facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFAPO estrena minibús de 9 prazas para persoas usuarias do centro de día gracias a unha unión empresarial

11/2/2019
  • A nosa asociación AFAPO estrena minibús de 9 prazas para o servizo de transporte das persoas usuarias do Centro de día e centro terapéutico.

O pasado venres tivo lugar na sede da asociación de AFAPO un acto de presentación do minibús o que estiveron invitadas as 33 empresas colaboradoras.

A iniciativa comezou a xestionarse o pasado outubro gracias o convenio entre a Confederación Española de Alzhéimer (Ceafa) e a firma OMG Vehículos Sociales. Esta empresa e persoal de AFAPO visitaron as firmas da comarca para conseguir que aportaron o seu gran de area e, deste xeito, poder financiar a adquisición do vehículo.

Era algo necesario para AFAPO xa que dispoñía ata o momento dunha furgoneta cunha antigüedade de doce anos para o transporte das persoas usuarias. Tras estas xestións, 33 empresas de Pontevedra, Marín e Poio sumáronse a inicitiativa. O custo total, coa adaptación todavía pendente, foi de 40.000 euros.

O presidente de AFAPO, José Manuel Fontenla, subliñou a responsabilidade social corporativa de estas empresas e destacou que o minibús permtirá reducir custos e mellorar o servizo.

Gallery


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar