facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

2ª Edición do libro "Recetas para el recuerdo"

21/2/2019

Se a Amelia, Mercedes ou Josefa dixéranlles que centenares de persoas comprarían un libro coas súas receitas de bacallau á francesa, roupa vella ou fideos con ameixas probablemente non o crerían. O certo é que as 12 mulleres protagonistas deste libro conseguiron romper moldes e levar as súas receitas por toda España e relanzar así a segunda edición deste marabilloso proxecto da man de azafranes POTE.
.
.
.
.
“Recetas para el recuerdo” recupera os pratos que marcaron a vida das galegas e galegos a través do testemuño de persoas con alzhéimer.

Trátase dunha iniciativa solidaria da marca de azafranes POTE moi vinculada á cultura gastronómica galega, en colaboración coa Federación de Alzhéimer Galicia (FAGAL).

A participación do chef galego con estrela Michelín Yago Daporta, clave no éxito da primeira edición, xa esgotada.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), a demencia é o grupo de enfermidades que máis aumentou en mortalidade nos últimos 15 anos. Calcúlase que en España afecta a 800.000 persoas e cada ano diagnostícanse 40.000 novos casos, polo que xa se considera como “a epidemia do século XXI”. A OMS insiste en que a demencia é xa unha cuestión de prioridade pública. O alzhéimer atópase na orixe do 60% dos casos de demencia e é en Galicia, quizá polo envellecemento da nosa poboación, onde se atopa o cociente máis alto por habitante.

Un total de doce familias e un amplo grupo de profesionais participaron nun proceso complexo de recuperación de contidos, recollidos en 112 páxinas e 12 receitas, respectadas na súa esencia e reinterpretadas por Yago Daporta desde a convicción de que “podemos esquecer unha receita, pero nunca o que nos fixo sentir o seu sabor”. Gozamos así de achegas como “O arroz con coquinas de Soidade” ou “As ameixas á mariñeira de Trindade”, non só polo seu valor gastronómico e cultural senón polo transfondo emocional que esconden estes recordos.

A recadación íntegra das vendas do libro, que xa esgotou a súa primeira edición, esta destinada integramente a FAGAL e as catro asociacións galegas participantes no proxecto: AFAPO, AFAMO, AFAL Ferrol e AGADEA.

O presidente da Federación, Juan Carlos Rodríguez, móstrase moi satisfeito tanto co proceso de creación como cos resultados conseguidos “Só co apoio da xente podemos investir en retardar a deterioración nesas fases iniciais da enfermidade, algo que é clave para cambiar as cifras e as previsións de evolución do alzhéimer”. Igualmente, móstrase agradecido coa iniciativa e pide continuidade para que este relanzamento sexa un novo impulso para a asociación. “Receitas para o recordo é máis que un proxecto gastronómico, é a demostración de que a creatividade dunha marca pode converterse nun enorme apoio para un colectivo que necesita máis atención e máis recursos”.

POTE é unha marca de Verdú Cantou Saffron Spain, centenaria empresa de Novelda (Alacante) que desde os seus inicios cultivou e seleccionou azafrán para comercializalo en distintos países. A nosa gastgronomía estivo vinculada á marca desde hai décadas e a día de hoxe segue sendo moi popular nas nosas cociñas e na nosa memoria.

Podedes facervos cun exemplar desta nova edición na páxina web de "Recetas para el recuerdo"

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar