facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFABER impulsa dous cursos de iniciación á informática e redes sociais no Concello de Carballo

22/2/2019

AFABER impulsa dous cursos de iniciación a informática e redes sociais para persoas maiores de 55 no concello de Carballo.

O obxectivo de ámbolos dous cursos é proporcionar ferramentas básicas para que unha persoa sen coñecementos previos de informática poida, co tempo, manter unha autonomía no manexo básico das novas tecnoloxías: busqueda de información en internet, envío de emails a un neto/a ou amigo/a, escoitar música ou ler o periódico; promovendo a súa independencia, autonomía e socialización evitando así o illamento.

  • CURSO DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA – COMEZO 05/03/2019

O curso de informática levarase a cabo os martes en horario de 10:00 a 11:00 horas no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n, do Concello de Carballo durante os meses de marzo e abril.

  • CURSO DE INFORMÁTICA: REDES SOCIAIS – COMEZO 05/03/2019

O curso de Redes Sociais levarase a cabo os martes en horario de 11:15 a 12:15 horas no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n, do Concello de Carballo durante os meses de marzo e abril.

O prezo será de 7€/mes por curso para as persoas socias de AFABER e de
15€/mes por curso para as persoas que non sexan socias.

Existirá desconto para aquelas persoas que desexen realizar os dous cursos. Para aquelas que queiran facerse socias de AFABER a cuota de socio é de 30€

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar