facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol ofrece unha charla sobre a abordaxe das demencias nos seus diferentes estadíos dirixida por dúas neurólogas

26/2/2019

As neurólogas doutora Macías e doutora Suárez ofrecerán este venres 1 de marzo en AFAL Ferrol unha charla baixo o título “Abordaxe das demencias nos seus diferentes estadíos evolutivos”. Será na sede da asociación, a partir das 16,30 horas, con entrada libre.

Segundo explicou a presidenta de AFAL Ferrol, Ana María López, o relatorio estruturarase en dous partes. Na primeira, a doutora Suárez abordará a enfermidade nos seus estadíos iniciais. Tratará aspectos básicos sobre a epidemiología da enfermidade de Alzheimer e os seus factores de risco. Posteriormente incidirá nos signos iniciais de alarma, e o curso evolutivo desta patoloxía, así como na importancia do diagnóstico precoz. Para finalizar, revisará o tratamento farmacolóxico e non farmacolóxico (estimulación cognitiva...).

Pola súa banda, a doutora Macías tratará o estadío intermedio e avanzado. Así, expoñerá sobre todo temas tales como o tipo de alimentación, toma de decisións de administración de fármacos, medidas terapéuticas necesarias e coidados paliativos. Así mesmo, documentos de instrucións previas e tutela do paciente.

Por último, Ana María López convidou ás persoas interesadas a acudir á charla este
venres.

Gallery


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar