facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol organiza unha charla sobre a incapacitación xudicial e vontades anticipadas

4/3/2019

A presidenta de AFAL Ferrolterra, Ana María López, informou esta mañá de que AFAL Ferrolterra organizará este mércores 6 de marzo unha charla informativa baixo o título “Incapacitación xudicial, vontades anticipadas e aspectos xurídicos relativos ás persoas con discapacidade psíquica”. Unha ponencia que é posible grazas á colaboración do Consello Xeral do Notariado-Fundación Aequitas e que impartirá o notario Francisco Manuel Brea Graíño.

Con entrada libre, a ponencia dará comezo ás 17 horas na sede de AFAL –rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol-. Así, Ana María López convida a tódalas persoas interesadas a asistir este mércores á charla, trala cal abrirase unha quenda de preguntas.

Gallery


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar