facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

XVII Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL



Este ano celebramos as XVII Xornadas Interdisciplinarias da Federación Alzhéimer Galicia, xornadas formativas en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas que reunirá na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago a persoal das asociacións de alzhéimer galegas, a profesionais do sector sociosanitario e a profesionais da investigación no campo das demencias.

Nesta ocasión contamos con profesionais de gran relevancia a nivel nacional e internacional, entre eles Stefanie Freel (consultora da OMS) ou Pat Mcloughlin (CEO da Sociedade de Alzhéimer Irlanda), que farán destas xornadas un encontro de calidade no que poder intercambiar experiencias e modelos de actuación en materia de demencias doutros países.

Tamén contaremos con seminarios de caracter práctico e centrados nos diferentes campos profesionais que interveñen no traballo coas persoas con demencia e as súas familias. Así, María Fraile (Terapeuta Ocupacional e musicoterapeuta) falaranos sobre a importancia da comunicación non verbal, e María Eugenia Fernandes, asesoraranos sobre indicadores de calidade dentro dos modelos de actuación de cada asociación.

Ademais, estas xornadas formativas contan co recoñecemento de Interese Sanitario da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, co número de expediente SA301A 2019/ 11-1.

PROGRAMA DEFINITIVO



INSCRICIÓN E PREZOS

Para inscribirse nas XVII Xornadas de FAGAL é necesario cubrir o formulario facilitado nesta páxina e envialo ó correo electrónico administracion@fagal.org xunto co xustificante de pagamento.
  • Profesionais do ámbito sociosanitario: 50 Euros
  • Estudantes e persoas desempregadas: 25 Euros
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 24 de abril. Máis información no correo electrónico administracion@fagal.org e no teléfono 981595121

Attachments

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar