facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol ofrecerá unha charla sobre o alzhéimer este xoves na sede de CCOO

11/3/2019
  • Inclúese no calendario de ponencias que desenvolve a entidade para dar a coñecer tanto a doenza como o labor que leva a cabo a asociación.

Convidados pola sección comarcal de pensionistas de CC.OO., AFAL Ferrolterra ofrecerá este xoves 14 de marzo unha charla informativa sobre o alzhéimer e o labor que desenvolve nos seus centros de día terapéuticos, tanto para as persoas afectadas como para as súas familias. Será a partir das cinco e media da tarde na sede da central sindical, na rúa María, número 42 de Ferrol.
A entrada é de balde.

A ponencia correrá a cargo da directora asistencial de AFAL Ferrol, Noelia Ríos, e do director de administración, José María Otero, e inclúese na ronda de charlas informativas que a asociación leva a cabo gratuitamente en entidades e institucións. Nesta liña, a presidenta de AFAL, Ana María López, convida a aquelas entidades interesadas en acoller unha charla a poñerse en contacto coa entidade e solicitala- tanto na sede AFAL (rúa Río Castro, 43-45 baixo como no teléfono 981 37 06 92).

Gallery


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar