facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFAGA cumple 25 anos ó carón das persoas con alzhéimer e as súas familias

15/4/2019
  • O presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, e o Alcade de Vigo, Abel Caballero, fixeron unha breve homenaxe ós 25 anos de AFAGA.

Afaga Alzheimer naceu en abril do ano 1994. Xurdiu dun grupo de persoas que tiñan un familiar con alzhéimer ou outra demencia, e empezaron a reunirse cun único obxectivo: buscar respostas e recursos que non tiñan e que ninguén lles proporcionaba. Así, aos poucos, fóronse organizando e conseguiron, en primeiro lugar, ofrecer o servizo de axuda a domicilio, que era a maior necesidade nese momento. Logo chegaron os talleres de estimulación cognitiva, que se chamaron “Obradoiros Paralelos” porque, mentres o familiar afectado recibía estimulación cognitiva ou funcional, os familiares participaban en sesións de axuda mutua e apoio psicolóxico. E así, aos poucos, Afaga foi camiñando e crecendo, ata chegar ao que é hoxe en día. Actualmente, asisten aos talleres de estimulación cognitiva e funcional 265 persoas afectadas por unha demencia nos centros que hai en Vigo, Porriño, Mos, Tui, Nigrán, Salceda de Caselas e Ponteareas. Ademais, benefícianse dos servizos que ofrece Afaga de atención psicolóxica, asesoramento legal, de axudas técnicas, formación,…etc. unhas 800 persoas coidadoras en todo a área sanitaria de Vigo. Con todo, quédanlle moito por andar e moitos retos que conseguir.

  • Unha atención máis especializada

En canto á evolución na forma de atención, o camiño percorrido foi moi relevante, hoxe en día os profesionais da nosa asociación Afaga utilizan terapias non farmacolóxicas innovadoras: Talleres de novas tecnoloxías, de fisioterapia grupal, proxectos interxeracionais, hortos terapéuticos, laborterapia, talleres de alimentación
saudable, entre outros.
Neste sentido, o principal obxectivo hoxe en día é poñer en marcha novos programas de atención especializada e integral tanto ás familias como ás persoas que padecen Alzheimer.
Pero tamén se traballa moito na prevención. Afaga desenvolve un programa innovador de prevención de deterioración cognitiva, que se dirixe a persoas sen demencia, precisamente para manter a súa mente activa. Neste programa participan unhas 100 persoas.
Neste sentido, Afaga traballa para innovar cada día máis e apoiar a investigación das universidades e as entidades que investigan en demencias. Porque a prevención e o diagnóstico temperán serán as claves para frear ou reverter o aumento exponencial da incidencia das demencias que se prevé no futuro.

Segundo o (IGE) INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA, hai uns datos relevantes do ano pasado, 2018, en canto á incidencia das demencias na nosa Comunidade. En Galicia hai unhas 66.000 persoas que padecen unha demencia. Se nos centramos na provincia de Pontevedra, hai unhas 19.200 persoas con demencia e, concretamente en Vigo, hai unhas 8.000 persoas que teñen alzhéimer ou outra demencia. Estes datos representan preto do 10% das persoas maiores de 65 anos.
E as previsións apuntan a que estas cifras só farán crecer nos próximos anos.
Por iso, para Afaga é tan importante ofrecer servizos, apoios e axuda a todas esas
persoas e ás súas familias e/ou coidadores/ as.

  • Actividades para este 25 aniversario

Por todo o devandito, é tan importante celebrar este 25 aniversario. Así, desde principio de ano puxeron en marcha diversas actividades.

  • No mes de febreiro a celebración da cuarta gala solidaria "Non te esquezas de rir" que foi un gran éxito.
  • En marzo a presentación coa Coral Casabranca do coro ‘Vos Sons dá Memoria’ formado por persoas con demencia e polos seus familiares.
  • O 29 de abril representarase para varios colexios no auditorio do Concello a obra de teatro ‘ Chamádeme Simbad’ , adaptada pola Escola Municipal de Teatro do libro do mesmo título do escritor galego Francisco Castro. Unha obra fantástica que esperamos teña moito percorrido e póidase representar moitas veces.
  • En maio resolverase o premio da V Edición do Concurso de relatos curtos sobre alzhéimer ‘ Nun Recuncho dá Memoria’.
  • Tamén en maio participaran como entidade beneficiaria na Pedaliña.
  • O 21 de setembro celebrarán un gran encontro con persoas coidadoras.
  • En outubro terán lugar unhas xornadas científicas sobre Alzheimer, en
    colaboración coa Rede Galega de Investigación en Demencias.
  • En novembro, os días 29 e 30, terán lugar as XVII edición das Xornadas Profesionais de Afaga.
  • Gallery


    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar