facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Separador
Recetas para el Recuerdo
Problemas de memoria
Working Group on Dementia
YoTeCuidoApp

AFAVI impulsa un obradoiro de Envellecemento Activo gracias á subvención a cargo do IRPF

5/6/2019
  • O próximo 10 de xuño darán comezo o obradoiro de envellecemento activo en O Vicedo, organizado pola nosa asociación AFAVI.

As sesións realizaranse todos os luns en horario de tarde, de 16:00h a 17:30h na Casa Cultural de Vicedo, e se prolongarán ata final o ano.

Esos obradoiros están destinados a persoas maiores de 55 anos co obxectivo de manter tanto a mente como o corpo activos.

O número total de participantes é de 15 persoas e aínda quedan algunhas prazas vacantes para as persoas interesadas en inscribirse.

Ana Solloso, psicóloga de Afavi será a encargada de impartir estos cursos que xirarán en torno a actividades de estimulación cognitiva, psicomotricidade, desenvolvemente da autonomía persoal e axudarán a mellorar as relacións sociais e previr así, o illamento.

Para máis información 616606986 ou no enderezo electrónico alzheimerviveiro@gmail.com

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar