facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Entrevista a Noelia Ríos, Coordinadora do Grupo de Traballo de Terapeutas Ocupacionais

O 20 de maio de 2015 a Federación Alzhéimer Galicia impulsou a creación do Grupo de Traballo en Terapia Ocupacional co obxectivo de desenvolver un modelo de estimulación funcional para as asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de Galicia. Este grupo estivo coordinado por Noelia Ríos, terapeuta ocupacional de AFAL Ferrolterra, e no que formaron parte nove profesionais doutras tantas asociacións da federación.

Durante meses os terapeutas ocupacionais estiveron a traballar nun manual de intervención en terapia ocupacional específico en alzhéimer e outras demencias co obxectivo de poñer en valor o traballo e saber facer dos profesionais das asociacións neste eido, así como chegar a ser unha referencia para profesionais da Terapia Ocupacional a nivel nacional, debido a inexistencia de manuais específicos nesta matería para a atención a persoas con alzhéimer.

Así naceu o manual Terapia Ocupacional en alzhéimer e outras demencias, que está dispoñible de maneira gratuita na web de FAGAL. Podedes coñecer máis deste manual e do traballo dos terapeutas ocupacionais nas asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de Galicia a través desta entrevista á coordinadora do grupo, Noelia Ríos.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar