facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Entrevista a Romina Ferral, Coordinadora do Grupo de Traballo de Traballadoras Sociais

En maio de 2016 a Federación Alzhéimer Galicia, tras a posta en marcha do Grupo de Traballo de Terapeutas Ocupacionais, decidiu crear o Grupo de Traballo de Traballadoras Sociais. O obxectivo deste grupo foi desenvolver un modelo de atención neste ámbito para as asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de Galicia. Este grupo está coordinado por Romina Ferral, traballadora social de AFAMO, e no que formaron parte nove profesionais doutras tantas asociacións da federación.

Durante o segundo semestre do ano 2016 e o primeiro de 2017 as traballadoras sociais estiveron a traballar nun manual de intervención en traballo social específico en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, co obxectivo ser unha referencia para profesionais do ámbito, debido a inexistencia de manuais específicos nesta matería para a atención a persoas con alzhéimer, así como para crear un modelo de atención común en Traballo Social para as AFAs galegas.

Así naceu o manual Traballo Social en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, que estará dispoñible de maneira gratuita na web de FAGAL nas vindeiras semanas. A través desta entrevista á coordinadora do Grupo, Romina Ferral, podedes coñecer máis deste manual e do traballo das traballadoras sociais nas asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de Galicia

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar