facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Guías de programas e servizos para persoas maiores con dependencia ou con discapacidade





O diagnóstico do alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa plantexa múltiples preguntas nas familias das persoas afectadas: Como evoluciona a enfermidade? Como podemos axudalo? Que axudas hai dispoñibles para estes casos?... Son moitas as cuestións que a diario responden profesionais das asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer de toda Galicia para manter informada a unhas familias que, na maioría das ocasións, ven como esta situación non poden afrontala sós.

É por iso que desde a Federación Alzhéimer Galicia elaboramos dúas guías para informar ás familias de persoas cunha demencia sobre os programas e servizos que existen na actualidade para as persoas maiores dependentes, así como as persoas con discapacidade. Trátase dunha recopilación de información que pretende guiar ás familias neste camiño cheo de incógnitas.

A primeira das guías, a GUÍA DE PROGRAMAS E SERVIZOS DISPOÑIBLES PARA PERSOAS MAIORES CON DEPENDENCIA, pretende facer un resumo dos programas e servizos dispoñibles hoxe en día para aquelas persoas maiores en situación de dependencia. Este documento fai un primeiro repaso polos diferentes graos de dependencia existentes e sobre o procedemento para obter a certificación, que enlaza co programa de atención individual que poñen en marcha os Servizos Sociais en cada caso concreto.

Esta guía continúa cunha serie de epígrafes que desgrana a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, no que se poden atopar servizos comúns, específicos para alzhéimer e os de servizos persoais. Así mesmo, este documento tamén quere facilitar información sobre as posibles prestacións económicas das que dispoñen os afectados e as súas familias para os servizos anteriormente citados.

Para complementar esta información, a guía tamén quere facilitar o coñeceñento doutros programas e recursos que poden resultar de interese para as persoas dependentes e os seus coidadores, como pode ser os programas de axuda no fogar e de teleasistencia, os produtos de apoio dispoñibles, programas de respiro familiar para as persoas coidadoras, os servizos de asesoramento ou outras axudas económicas.

Por outra banda, desde a Federación Alzhéimer Galicia tamén elaboramos a GUÍA DE PROGRAMAS E SERVIZOS DISPOÑIBLES PARA PERSOAS VALORADAS CUN GRAO DE DISCAPACIDADE IGUAL OU SUPERIOR AO 33%, un documento que, ao igual que o anterior, quere proporcionar a aquelas persoas con discapacidade por mor dunha demencia e ás súas familias as diferentes opcións que poden atopar nos servizos públicos para unha mellor calidade de vida.

Esta guía fai unha primeira introdución sobre a solicitude do grao de discapacidade e a súa revisión, así como o órgano competente para a acreditación. O documento tamén facilita unha breve información sobre as prestacións económicas existentes, onde se inclúen as pensións non contributivas por invalidez, os produtos de apoio e axudas para adquisición de servizos de autonomía persoal.

Ó igual que a Guía para persoas maiores con dependencia, esta guía fai un seguemento dos programas que na actualidade teñen dispoñibles ás persoas con discapacidade como os de axuda no fogar e o de acollemento familiar, e os servizos dos que se poden beneficiar como as tarxetas de accesibilidade ou servizos de apoio á mobilidade persoal.

Este documento remata cun apartado adicado ós beneficios fiscais recollidos nas lexislacións no referente ó IRPF, ó Imposto de Sociedades, ó Imposto de Sucesións e Doazóns ou o IVE, entre outros.

Ambas guías están dispoñibles tanto nesta mesma publicación como no apartado de Informes da web de FAGAL

Adjuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar