facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Años
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFABER presenta o seu calendario 2019

9/1/2019

Dende hai catro anos AFABER elabora un calendario coas catro fotografías gañadoras do Concurso de Fotografía sobre alzhéimer que organizan dende a asociación. Este concurso ten como finalidade dar visibilidade a enfermidade, facendo énfase en transmitir o día a día das persoas afectadas e destacar o papel da familia.

O calendario foi repartido entre as persoas colaboradoras da entidade, as familias e persoas usuarias dos programas e demais socias e socios. Ademais, o pasado sábado 5 de xaneiro o presidente de AFABER, Jesús Villar, achegouse ao mercado municipal do concello de Carballo para repartir entre as traballadoras e traballadores algúns dos máis de 150 exemplares que realizaron.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto con AFABER acudindo o seu local o ou chamando a calquera dos seguintes teléfonos: 9891758545 - 625980691

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar