facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Años
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAPO renova o convenio co Concello de Silleda de Atención Integral para persoas con alzhéimer, familiares e persoas coidadoras

14/1/2019

A Asociación de Familiares de enfermos de alzhéimer de Pontevedra,AFAPO, renova un ano máis o convenio co Concello de Silleda para a Atención Integral de persoas con alzhéimer e outras demencias, familiares e persoas coidadoras.

Esta labor lévana facendo conxuntamente dende 2014 realizando talleres de estimulación cognitiva e cursos para persoas coidadoras. Coa novidade este ano dunha charla coloquio na que se abordará o alzhéimer dende distintas áreas. Por un lado, o presidente de AFAPO, Jose Manual Fontenla, falará dende un punto de vista asistencial, sobre os recursos a disposición das persoas afectadas e as súas familias cos que conta a súa asociación; e por outro, o científico Carlos Spuch exporá os últimos avances médicos e as claves para diagnosticar o alzhéimer. O día da realización da charla anunciarase en redes sociales nestas semanas.

Para máis información poden consultala noticia publicada no Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2019/01/12/silled...

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar