facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Años
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAGA organiza a IV Gala solidaria "Non te esquezas de rir" no Auditorio Teatro Afundación

14/1/2019
  • O domingo, 3 de febreiro, o Auditorio do Teatro Afundación acollerá o espectáculo solidario ‘Non te esquezas de rir’, organizado por Afaga
  • De forma gratuíta e desinteresada, os humoristas galegos colaboran con Afaga para recadar fondos, así como Afundación, que cede a sala para este evento
  • Oswaldo Digón, como mestre de cerimonias, reuniu un cartel de luxo: Marcos Pereiro, Pepo Suevos e Federico Pérez

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, Afaga, organiza un ano máis o espectáculo benéfico de monólogos ‘Non te esquezas de rir’. A cita será o domingo 3 de febreiro no Auditorio do Teatro Afundación en Vigo, ás 19:00 horas.
Con este espectáculo, Afaga comeza un ano de celebracións, posto que a entidade cumpre 25 anos de andaina, desde que un grupo de familiares crearon a asociación en 1994.

De novo nesta ocasión, será Oswaldo Digón o mestre de cerimonias deste divertido espectáculo no que se xuntaron catro grandes cómicos galegos: Marcos Pereiro, Pepo Suevos, Federico Pérez e, por suposto, Oswaldo.

As entradas custan 12 euros (15 en taquilla) e véndense en Ataquilla.com e no Centro de Atención Integral de Afaga, situado en Martínez Garrido, 21. Interior.

Para máis información: 986 22 97 97 ou 630 25 32 10 (Cristina Villanueva)

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar