AFALU recibe a visita de Ildefonso de la Campa, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
31/1/2019

Este martes, 29 de xaneiro, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, acudiu a visitar o centro de día de alzhéimer que xestiona a nosa asoaciación AFALU.
O motivo da visita foi unha reunión para analizar as necesidades que presenta AFALU na que estiveron presentes tanto Cristina Abades, xefa territorial da Consellería de Política Social como Enrique Rodríguez, xefe do sesrvizo de Dependencia de Lugo, acompañados por Carmen Pena, presidenta de AFALU, e Valentín Calvín, director do centro de día.
De la Campa garantiu a continuidade do contrato coa entidade que se encarga da xestión do centro.