facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Años
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

2018: 20 anos “Facendo camiños, facendo memoria”

31/1/2019
  • O pasado ano 2018 a Federación Alzhéimer Galicia celebrou os seus 20 ao carón das persoas con alzhéimer e as súas familias. Para celebralo realizáronse diversas actividades o longo do ano que queremos recordar coa vista nos camiños que quedan por diante.

O punto de partida foi a apertura dun proceso de reflexión estratéxica, no que participaron as asociacións federadas, que durou gran parte do ano. Nel identificáronse os elementos chave do xeito de ser da federación e se deseñaron os proxectos de cambio para iniciar o camiño que hai por diante.
As XVI Xornadas Interdisciplinarias da Federación, que tiveron lugar na Facultade de Psicoloxía da USC, as que acudiron profesionais do sector sociosanitario mantiveron o camiño de ofrecer perspectivas de atención noutros países da nosa contorna e aproveitouse para asinar un convenio de colaboración coa Asociación Alzhéimer Portugal.

Durante o mes de setembro tiveron lugar a maior parte dos actos festivos coincidindo as datas co Día Mundial do Alzhéimer. A primeira delas foi a rolda de prensa na que se difundiu a programación de actividades relacionadas co día mundial e co 20 aniversario de FAGAL. Seguido da exposición “CapicitARTE”, no marco das exposicións sobre discapacidade do CERMI-Galicia coa Consellería de Política Social, e na que se mostra a labor e os proxectos levados a cabo pola Federación e as asociacións que a conforman.

Polo Día Mundial do Alzhéimer que este ano tivo como lema “Ela non se acordará, e ti?” quíxose visibilizar e crear conciencia sobre a enfermidade e a responsabilidade social na loita contra ela. A través do hashtag #NonMeEsquecerei acadouse unha boa interacción e un gran impacto en redes sociais que aumentou o contacto con novas familias afectadas.
Seguindo coa nosa labor de difusión, pero levado ao ámbito científico e da administración, FAGAL participou no I Simposio Nacional da Fundación CIEN no que se mostraron proxectos innovadores desenvolvidos pola Federación nestes últimos anos e ademais organizáronse unhas xornadas , xunto co ConSello Económico e Social de Galicia, que ofreceron unha visión completa sobre as demencias en Galicia, nas que se afondou no impacto desta realidade nas persoas e na sociedade.

O acto central do aniversario foi a Gala solidaria do 20 Aniversario de FAGAL. Sendo todo un éxito de asistincia, co auditorio completo entre responsables políticos, equipo profesional das asociacións, representantes de axentes colaboradores e das entidades do Terceiro Sector e sobre todo das familias. Reunindo un cartel de luxo para celebrar un día tan especial para FAGAL e para todas as persoas que, co seu traballo diario durante tantos anos, conseguiron que hoxe sigamos coas mesmas ganas e ilusión traballando a prol das persoas con alzhéimer e as súas familias.

No eido do traballo fóra das fronteiras galegas a federación participou coma relatora no congreso polo 30º aniversario da Asociación Alzhéimer Portugal, no Congreso Europeo de Alzhéimer, no que se presentaron dúas comunicacións tipo póster e, como broche final, o vindeiro 6 de febreiro inaugurase a exposición de CapacitARTE na Casa de Galicia en Madrid, que se poderá visitar ata o 28 do mesmo mes. .

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar