facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Años
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A IV Gala solidaria ‘Non te esquezas de rir’ que organizou AFAGA foi todo un éxito

5/2/2019

Preto de 500 persoas déronse cita o domingo, 3 de febreiro, no Auditorio do Teatro Afundación, en Vigo, para asistir á IV Gala Solidaria "Non te esquezas de rir" que organizou a nosa asociación AFAGA. E o obxectivo cumpriuse, moitas risas, grandes momentos e sonoros aplausos estiveron presentes durante as dúas horas e cuarto que durou a Gala.

O cartel non era para menos: Oswaldo Digón como mestre de cerimonias, Marcos Pereiro, Pepo Suevos e Federico Pérez. Todos grandes cómicos, que conseguiron facer rir sen parar ao auditorio enteiro.

Foi unha tarde especial porque se reuniron familias, persoas coidadoras, tamén algunhas persoas con demencias, o equipo de profesionais de AFAGA, representantes das administracións locais, provinciais e autonómicas e, como non, moitos espectadores e espectadoras que asistiron ao evento para apoiar unha boa causa á vez que pasaron unha tarde moi divertida.

Esta Gala foi posible realizala grazas á colaboración de Afundación que cede o espazo a AFAGA e grazas á xenerosidade dos monologuistas, que participaron nela de forma
desinteresada.

Os fondos recadados destinaranse a diversos programas que desenvolve a asociación para as persoas que padecen alzhéimer e para os seus familiares e/ou persoas coidadoras.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar