facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Años
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia reúnese coa Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para colaborar na elaboración dun novo modelo de atención primaria

6/2/2019

Onte o presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez, e a vicepresidenta, Mª Isabel Gey Pérez, reuníronse con representantes do equipo directivo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde co obxectivo de recadar propostas que axuden a desenvolver medidas a curto, medio e longo prazo para a elaboración dun novo modelo de atención primaria.

Entre os temas abordados nestas reunións cómpre destacar a accesibilidade da atención no primeiro nivel asistencial, que sexa o máis rápida posible; a importancia do seguimento dos pacientes e a coordinación coa atención hospitalaria para evitar a reagudización das patoloxías; as visitas a domicilio do persoal sanitario; a trascendencia do traballo en equipo para atender ás necesidades destes colectivos, así como a potenciación do labor conxunto entre profesionais da rama sanitaria e asociacións de pacientes.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar